ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ : “SE A XUSTIZA É TAN INDEPENDENTE…TEBAS XA TERÍA QUE HABER DECLARADO FAI TEMPO”.

 

Fernando Vázquez pasou por rolda de prensa como cada semana antes do encontro que toca. Neste caso o do vindeiro Domingo 22 de Novembro no que nos enfrontaremos ao Guijuelo a partires das 17:00 horas, (16:00 GMT), televisado por Footters.

O técnico deportivista que volta a banda tras 9 encontros de sanción, amosouse contento de retornar a pé de campo, e criticou o actual sistema de sancións os adestradores, e lembrou a da pasada semana a Cervera do CD Cadiz por criticar unha arbitraxe. Tamén falou de Rolan, do estado dos xogadores recuperados, do céspede artificial, a forma de xogar nél, e sobre todo das verbas de Javier Tebas do que di que : “Paréceme eticamente deshonesto e tramposo. Minte sabendo que está mentindo. Pero el é así, que lle imos facer. Non me parece moi complicado entender o que pasou e razoalo entre persoas intelixentes. El está obcecado e quere expor nos medios que lle interesa a súa película para vendela. Non hai contraposición, porque o Depor quere superar esta situación, pero demostra con estas declaracións que minte descaradamente. Quen queira comprar, compra, pero os deportivistas non compramos esa mensaxe”…”Paréceme eticamente deshonesto e tramposo. Minte sabendo que está mentindo. Pero el é así, que lle imos facer. Non me parece moi complicado entender o que pasou e razoalo entre persoas intelixentes. El está obcecado e quere expor nos medios que lle interesa a súa película para vendela. Non hai contraposición, porque o Depor quere superar esta situación, pero demostra con estas declaracións que minte descaradamente. Quen queira comprar, compra, pero os deportivistas non compramos esa mensaxe”.

-Preme no vídeo para oir todo…

 

Xa hai data e hora para o Depor-Ferrol

O Real Club Deportivo fixou xa data e hora para o partido da 6ª xornada do Grupo I Subgrupo A de Segunda División B que lle enfronta en casa ao Racing Club de Ferrol. O terceiro partido en #anosacasa da temporada disputarase o domingo 29 de novembro ás 19:00 h. coas cámaras da TVG-2 en directo.

 

ROLDA DE PRENSA ESCRITA POR RC DEPORTIVO

Fernando Vázquez manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que ten “moitísimas ganas de volver” ao banco despois de cumprir a súa sanción, como así ocorrerá este domingo 22 de novembro (17:00 horas, Footters) ante o CD Guijuelo: “Incribles ganas de volver. E deus queira que sexa positivo para o equipo. O equipo estaba a gañar sen min no banco pero considero que é importante e espero non volver recaer na mesma situación”.

O técnico deportivista advirte que no Estadio Municipal de Guijuelo, de céspede sintético, “temos que ser conscientes da realidade. O factor campo é un factor que un adestrador sempre ten en conta. Imos xogar nun campo no que todo se iguala bastante. Un equipo que non está adaptado sofre, aspectos tácticos desaparecen, aspectos técnicos iguálanse; e por tanto é un partido no que o factor casual pode predominar. Vai ser un partido parecido ao que xogamos contra Unionistas e deus queira que transcorra parecido”.

Precisamente en canto ao cambio de superficie, da herba natural de Abegondo ou ABANCA-RIAZOR á sintética do Estadio Municipal de Guijuelo, fai fincapé o adestrador branquiazul en que “é máis fácil de adaptarse dun campo de herba artificial a herba natural. E é máis difícil adaptarse de herba natural a herba artificial. Os equipos que teñen campo de herba artificial teñen unha adaptación perfecta a ese terreo de xogo. O fútbol é diferente porque o balón se comporta de forma diferente: bota, roda… Todo é absolutamente diferente. O Deportivo non xoga igual en Salamanca que en Santiago. Os futbolistas non se comportan exactamente igual. É diferente. É a realidade e hai que aceptalo. Non é unha montaña que sexa imposible, pero o coñecemento do terreo de xogo é parte do fútbol. Non se pode ignorar. Agora non o estou poñendo como escusa. Temos que gañar neste campo pero dicir que é igual é falso, que esa diferenza xoga de maneira extraordinaria para que un equipo que vaia a Guijuelo sexa derrotado tamén é falso. Imos alí a gañar o partido sabendo e preparándonos mentalmente onde imos xogar”.

Pola súa banda, opina que agora pode tomar decisións referente ao once inicial porque “catro partidos é un volume de partidos suficientes para que todos os xogadores demostrasen todo aquilo que me poden dar. Estou a ver pero agora si teño a liberdade… Sempre a teño pero púñame unha coartada dicíndome que había que dar confianza aos xogadores. Podería facer algún movemento neste sentido”.

Reitera unha vez máis que o Deportivo “está en evolución. Estamos a tentar mellorar. Claro que non estou contento. A min gústame gañar, convencer e que a xente goce co equipo. Iso debe estar claro. Penso primeiro na vitoria pero tamén me importa a forma de gañar. Sei que se a forma de gañar non me importase, seguramente sería abandonado pola gran maioría de #ANOSAFORZA. Xogamos para a xente e hai que producirlles certa satisfacción. Iso non é para min noso primeiro obxectivo pero a miña meta final é gañar partidos e que o afeccionado deportivista senta orgulloso non só por gañar senón como gaña o equipo. Niso estou”.

Recalca que “é fundamental” o tempo neste proceso de mellora. “Todos os adestradores necesitan tempo. Algo que estou a tentar variar no Deportivo respecto ao ano pasado está a custarme traballo. Lin unha entrevista que concedeu o adestrador do Liverpool e dicía que lle custase un ano, unha temporada enteira, construír un equipo tal e como o ten construído actualmente”, lembra.

Así pois, insiste en que “nós estamos a construír sobre unha base en que os resultados son bastante positivos. O equipo para mostrar a cara que debe de mostrar dentro das nosas posibilidades fáltanos tempo. Iso é así”, engade.

Do CD Guijuelo, Fernando Vázquez subliñou que “é un equipo tácticamente súper correcto, que domina todos os factores do fútbol. É un equipo moi ben preparado, moi ben adestrado, moi forte no seu terreo de xogo. Pon aos rivais sempre en moitísimos problemas. É un equipo en todo o sentido da palabra. En Segunda B son todos adestradores moi ben formados e que che poñen en moitísimos problemas”.

Preguntado, do mesmo xeito que onte a Álex Bergantiños, sobre as declaracións de Javier Tebas, Presidente da LFP, nas que este denunciaba no diario Marca presións das autoridades galegas e irregularidades da Xunta de Galicia no caso Fuenlabrada, Fernando Vázquez manifestou que “me parece eticamente deshonesto e tramposo. Mente a propósito que mente. Pero el é así. ¿Que lle imos a facer? Non me parece complicado entender o que pasou e razoalo entre persoas intelixentes. Está obcecado, está negado e quere, expón e vende nos medios que lle poden interesar a súa película. Non hai contraposición nestes momentos porque o Deportivo quere superar esta situación. Pero está a demostrar o señor Tebas con estas declaracións que mente descaradamente. E quen queira comprar cómprao e evidentemente os deportivistas e a cidade da Coruña non compramos esta mensaxe”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies