ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ PREVIA O PONTEVEDRA-DEPOR :

 

Fernando Vázquez pasouse por rolda de prensa como cada semana antes do encontro da xornada. Desta volta o de mañán sábado 5 de Nadal a partires das 17:00 horas, (16:00 GMT), televisado dende “Pasarón” pola TV2 e polas plataformas dixitais nas que está a Televisión de Galicia e a sua canle Internacional, así como pola páxina web da CRTVG.

Fernando comentou sobre as críticas dos xornalistas, e unha parte da afección, a xogar con defensa de cinco : “Paréceme unha crítica absurda e de pouco coñecemento futbolístico. Mirade no fútbol internacional, cantos equipos o xogan… e xogaron sempre. Non me considero un adicto ou un superfan do sistema de tres centrais. Pero segundo as circunstancias, síntome na liberdade de poder utilizalo. E non é para defender mellor, ás veces tamén e para ter solucións mais doadas en ataque. Ademais, se estivera nun equipo no que xogar con tres centrais fora un pouco raro, entendería que os afeccionados se estrañasen. Pero nun club coma o Dépor, que ademais se fixo grande xogando así. Non entendo moi ben por que crea polémica. Pero cada un que opine o que queira”.

Tamén falou dos outros sistemas que está a utiliza, coma o 4-42 ou o rombo que usou a pasada semana no inicio do encontro ante o Ferrol Na sua comparecenza tamén tivo verbas sobre Romay e asua importanza no equip pontevedrés e dixo que era un rapáz que : “me gustaba, quizá despois me puido ter decepcionado porque esperaba un pouco máis del. Cheguei a ter falando con el e parecía que podería ter dado cousas importantes no Deportivo”.

-Premendo no vídeo tes todo o que dixo.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia