ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ PREVIA O MÁLAGA-DEPOR :

 

Fernando Vázquez pasou por rolda de prensa na previa do encontro de mañán ás 19:30 horas na “Rosaleda” ante o Málaga, un choque que pode deixar resolta a permanenza.

O técnico de Castrofeito opinou que cando ago vai ben : “pode millorarse” e afondou no da anterior comparecencia e pensa que : “cando algo está preto, ainda está lonxe, porque hai moitos equipos na mesma disputa”.

Non lle gusta a hora do encontro, (19:30), pola temperatuta que vai haber : “non me parece que se esté pensando na saúde dos futbolistas”.

 

 

A principal novidade da convocatoria de Fernando Vázquez, é o xuvenil Juan Rodríguez, e a baixa de Salva Ruíz, que tras un gran encontro ante o Huesca, volveu a ter molestias e cáese da lista, na que tamén é baixa Keko Gontán, por contrato. Non pode xogar ante o seu ex equipo, unha das condicións cando chegou en Xaneiro para poder enrolarse no RC Deportivo. Entra na convocatoria o central xuvenil, Juan Rodríguez e non estarán os lesionados Uche Agbo e Peru Nolaskoain, este último está a ter altibaixos na sua recuperación.

 

 

-Foto, Víde e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.