ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ PREVIA O ENCONTRO DE MAÑÁN ANTE O NUMANCIA.

 

Fernando Vázquez deu a sua primeira rolda de prensa previa a un encontro, así como a primeira rolda de prensa do 2020 do adestrador, así como a primeira convoicatoria, da que se cae Koné por molestias.

O Depor visita ao Numancia mañán Domingo 5 de Xaneiro do 2020 no campo dos “Pajaritos” a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT).

O técnico de Castrofeito tratou de inculcarlle os xogadores que comezan unha nova liga : “Imos empezar unha Liga nova, unha volta nova. De cero. E a ver se conseguimos facer 36 puntos. Para facer iso botas contas, expliqueilles o que tiñamos que facer, cantos partidos podes perder… se o miras sen información anterior é posible, pódese facer. Podemos estar contaminados, con certa desconfianza polo que se fixo na primeira volta. É un grupo que desde esa perspectiva pode estar decepcionado ou desilusionado. Imos tomalo como 21 finais expostas de forma diferente. Tamén necesito coñecer ben aos rapaces, ver como podemos xogar, como poderiamos ser máis fortes”.

Con respecto o Numancia dalle envidia ter un equipo definido : “A estas alturas o deportivismo tería que saber cal é o equipo basee e con todo non é así. Por que ocorre iso? Non vou responder”.

Dixo que quedou onte con Luis César, “que é amigo meu”, para falar e que lle de algunhas imprecisións sobre o equipos, que non puideron por culpa dél mesmo e que falarán.

Escoita no vídeo a rolda de prensa que colle, como nél é habitual, un aire maior en galego.

 

 

-Foto : rcdeportivo.es

-Texto : piratasdemuxia.es

-Vídeo : Canle de YouTube do RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies