Rolda de prensa de Fernando Vázquez previa ao encontro de mañán Domingo 18 de Outubro a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT), no Estadio de Riazor, 1ª xornada da loita pola volta a 2ª División.
Fernando Vázquez manifestou na sala de prensa de Abegondo que a presenza de público en ABANCA-RIAZOR é “vital. Unha cousa positiva que ten o equipo é que descendemos a Segunda B pero creo que non temos fractura social. A relación do equipo coa afección segue sendo boa. Paréceme importante. Imos ter un pouco de público, unha mínima expresión. Somos 20.000 socios. Espero gañar os 5 primeiros partidos e chegar a 30.000 porque iso sería impresionante”.
O técnico branquiazul recoñeceu que, a poucas horas do debut en ABANCA-RIAZOR ante o Salamanca CF UDS de mañá domingo 18 de outubro (19:00 horas) “fáltanos un pouco de contacto co estadio”. En pretemporada, o Dépor só xogou 1 partido no escenario do choque de mañá. “É moi importante que os xogadores se habitúen onde van xogar moitísimos partidos. Esta vai ser a primeira vez e vai ser súper positivo”, apunta.
Tamén admitiu “algo de ansiedade para saber onde estamos ante un rival importante. É unha estrea e por tanto algo nervioso si que me atopo. É unha estrea e non sabemos o noso nivel, o dos rivais. Esa incógnita sempre está aí”.
Fernando Vázquez subliña que “nunca me preocuparon os resultados (da pretemporada) nin cando estaba en Primeira División. O que tes que facer é preparar ao equipo para empezar. Historicamente na miña carreira non me acordo. Non sei se gañei, se perdín pero posiblemente teña máis derrotas que vitorias. Non me importa porque para min é unha parte do adestramento. Adestramos pola mañá, xogas pola tarde. Non o contemplo como competición, senón como adestramento”.
Do Salamanca CF UDS destaca que ten “bo adestrador. Os adestradores de Segunda B son todos bos adestradores, moi preparados e formados. E veremos que hai un equipo con xogadores de bo nivel”.
Tamén comenta a importancia de empezar gañando porque “gañar dá unha semana tranquila, marabillosa, traballas mellor, con máis confianza. Se empezas perdendo poden empezar a xurdir dúbidas. Gañar confirma cousas e podes avanzar máis rápido”. Ademais, “gañar é importante porque temos que compararnos co outro subgrupo e é moi importante cando vaias á Segunda Fase ter os máximos puntos posibles porque así será máis fácil. Se es capaz (agora) de facer os 54 puntos case podes dicir que estás clasificado para os oitavos de final”.
Asegura que o Dépor ten “asumido” que será o rival a bater en Segunda División B pero indica que “non me considero mellor que ningún e o meu equipo tampouco porque esa é a actitude coa que hai que ir. Para ser un gran xogador, un gran equipo, a condición máis importante é a humildade. Os futbolistas téñense que dar conta de que son xogadores de Segunda B, que están en Segunda B e os que teñen en fronte son iguais a eles. Se pensamos que somos mellores, superiores estamos a equivocarnos todos”.
LISTA DE CONVOCADOS
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR