ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ PREVIA Ó DEPOR-C.VIGO “B”.

 

Fernando Vázquez pasou por rolda de prensa coma cada semana na previa a un encontro e con moita tempranza e con lóxica, a pesares de que “4” xornalistas antideportivistas e faltos de eriedade e sentido, pretenden calificar este do Domingo coma un “derbi de rivalidade”, Fernando cataloouno coma un partido máis, pois “a rivalidade é co Celta, non co seu filial. 

Totalmente dacordo, pois estes rapaces que hoxe están no filial do Vigo, mañán estárán no Logroñés, Fisterra, ou nas suas casas coidando das galiñas ou do microondas. Polo tanto tildar esto de “derbi de rivalidade”.

“Non o vexo coma un derbi. A rivalidade do Deportivo é co Celta, non con seu filial. A situación é dura, dolorosa para o deportivismo, pero que ninguén pretenda converter este partido nun derbi, porque non o vemos así. Non hai máis presión, nin penso como se viñera o Celta en Primeira, non sinto esa presión dun derbi de verdade. É a realidade e hai que aceptala. Se a afección do Celta o considera motivo de burla… arrieiros somos e no camiño nos atoparemos. Paréceme un erro pensar neses termos, pero cada un é libre”, dixo Fernandoo con toda a coherencia.

Fernando falou da ledicia de voltar a ver afeccionados en Riazor, ainda que só sexan un milleiro, (lembremos que o RC Deportivo ten máis de 21.000 socios e os que pretenden ser algo no noso país futbolisticamente non chegan aos 5.000). Tamén antre outras cousas manifestou a sua molestia pola sanción de 2 encontros a Lara, que apoiamos totalmente, pis foi verdadeiramente desproporsionada, e máis a de Charles. Un pequeno incidente que lle chegaría un cartón amarelo, sen ningunha expulsión.

-Preme no vídeo para oir o que dixo.

-Foto  e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : RC Deportivo