Fernando Vázquez lembrou esta mañá en rolda de prensa en Abegondo a súa etapa no CD Lugo, rival mañá domingo 1 de marzo do Dépor en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos): “En Lugo estiven un ano extraordinario, marabilloso coa xente, coa dirección. Teño amigos e reúnome con eles para comer. Para min é un equipo especial. Mañá procurarei deixar este lado afectivo de lado porque nos xogamos un partido duro, importante para o Dépor e para o CD Lugo”.
O técnico deportivista subliña que a derrota do pasado domingo en La Romareda non variou en absoluto o traballo do equipo durante a semana: “Era algo esperado. Nalgún momento iamos perder. Perder forma parte do camiño competitivo. A pesar de perder, tes que ser capaz de cumprir os obxectivos. Estamos nese camiño. Dá a sensación de que perdemos ese glamour de equipo invicto, que se o miras desde outro punto de vista xa está, xa somos mortais”.
A semana de adestramentos foi “boa. Estamos preparados para enfrontarnos ao CD Lugo”, conclúe.
Cualifica ao conxunto lucense como “un rival perigoso. Preferiría xogar contra un equipo fóra de Galicia, non contra o CD Lugo. Esa é a sensación que teño”.
Insiste en que analizando o partido do Real Zaragoza, “non fallamos por agruparse, por situarse, polo aspecto colectivo do fútbol dinámico. Non. Fallamos en 2 accións a balón parado. Non ten nada que ver co fútbol dinámico, cando o balón está en xogo. É posible que a nivel ofensivo, unha vez recuperada a pelota, deu a sensación de que o equipo estaba a crecer a nivel ofensivo”. “En Zaragoza tentamos cambiar o noso posicionamento defensivo, fomos un pouco máis arriba, quixemos presionar máis. Neste sentido sen variar a organización colectiva do equipo, temos pasos que dar”, engade.
Fernando Vázquez confirma que o Club ten permiso para fichar pola lesión de longa duración de Somma. “Estamos a buscar. En principio queremos. Estamos a falar, non discutindo, nin insultándonos”, advirte.
O adestrador branquiazul ve máis “natural” a incorporación dun central, aínda que iso “depende do valor de central ou centrocampista que podes fichar con respecto ao equipo”.
Finalmente deu a súa opinión sobre os derbis galegos: “Para o deportivismo só hai un derbi, sabe exactamente cal é o seu rival afectivo, emocional. Non estou a dicir que o CD Lugo non estea a nivel competitivo que poida estar o Deportivo. Emocionalmente, os afeccionados saben cal é o seu rival histórico. En Lugo penso que hai moitos deportivistas. É unha cidade de deportivistas, máis próxima. Ese nivel emocional nunca subirá tan arriba como pode subir contra o Real Club Celta. Pero segue sendo importante para os afeccionados. Iso non o discuto”.
A rolda de prensa o completo no vídeo.
-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo
-Foto : piratasdemuxia.es
-Texto : rcdeportivo.es
Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.