ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ : “NON ENTENDO PORQUE NOS XOGAMOS CADA 3 DÍAS E INCLUSO AS VECES CON MENOS DAS 72 HORAS”.

 

Fernando Vázquez pasou por rolda de prensa e tras saberse as datas e os horarios para 3 encontros máis, os que xogaremos ante Tenerife, Huesca e Málaga, con toda razón, quéixase de que : “Non comprendo porque nós xogamos cada 3 días e incluso as veces sen chegarse a cumprir as 72 horas antre un encontro e o outro”. Totalmente de acordo e unímonos a protesta xa que é toda unha relidade con equipos con ata 5 días de descanso.

Manifestou ledicia de saber que o de Peru é menos do que se pensaba e conta que nun par de encontros xa esté para xogar, espera que xa esté para o encontro da semana que ven ante o Tenerife.

Quer que o equipo sexa un equipo que mande nos encontros : “Tentamos ser, e non quere dicir que sexamos, un equipo que se impoña co seu fútbol. E por tanto podes estar un pouco máis aberto e dar máis facilidades. O cambio de chip que estamos a tentar, pasar de ser un equipo que espera a un proactivo, non é fácil”.

Sobre o Elxe veo coma : “Un equipo con xogadores moi rápidos. Un equipo que tenta impoñer o seu fútbol desde o principio e faio moi ben. Por iso está onde está. Un equipo ben adestrado, ben traballado por Pacheta e con futbolistas con bastante gol. Vai poñer en problemas e poñer a probas a nosa solvencia defensiva”.

Considerase moi crítico e moi esixente e quer que a esixencia sexa máxima e : “hai que ser conscientes do obxectivo: a permanencia. Non hai outro. Permanencia e salvación”.

Todo o que dixo escoitando o vídeo.

 

DATAS E HORARIOS NOVOS

 

 

LISTA DE CONVOCADOS PARA ELXE


 

 

-Foto, Vídeo e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies