ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ : “GUSTARÍAME QUE O EQUIPO SEXA MÁIS HARMÓNICO NO TERREO DE XOGO…QUE TEÑA MÁIS CONTINUIDADE”.

 

 

Fernando Vázquez que este Domingo ante o Coruxo, (12:00 horas-11:00 GMT), cumprirá a sanción dos 9 encontros cos que foi sancionado, ao noso ver a maioría inxustos, pois estamos a ver que adestradores expulsados dirixiro aos seus equipos dende a grada e non foron sancionados, (o derradeiro Lopetegui co Sevilla FC). Falou de arrepentemento ante as sancións e o seu desexo de voltar a banda cos xogadores : “Tiven moito tempo para pensar e evidentemente coincidiu ademais con momentos moi importantes para o Deportivo. Non vou dicir que estou avergoñado, pero si que foi un erro importante e do cal saco conclusións e espero que non volva pasar. Aínda que nalgún momento é inevitable. Sentín impotencia nalgún momento. Teño moitas gañas de volver e penso volver para non recaer”.

O de Castrofeito dixo que se “aproxima o intre de xogar con dous puntas”, ante a mellora na forma de Miku e a “entrega e a actititude” de Adri Castro, que cataloga de, “extraordinaria”, ainda que di que : “estou intentando que sexa un xogador más completo, que valore todos os conceptos do fútbol”.

Pero o problema, (menos grave polo fodo de plantilla), é que ten unha liña completa de defensa lesionada, co lateral dereito e esquerdo e cosn dous centrais, algo que de non ser a plantilla que ten sería un problema gravísimo. Sobre Granero dixo que : “Ten un problema no xeonllo e esta semana non puido adestrar. Mañá tomaremos unha decisión, vai depender de como se encontre”. Ainda que cmo decimos ten fondo de armario : “Temos solucións, aínda que teño que recoñecer que nunca me pasara de ter ao lateral dereito, ao esquerdo e a dous centrais lesionados ao mesmo tempo. É algo que limita bastante e baixa o rendemento do equipo”.

Tamén foi preguntado sobre a volta de Diego Rolan, do que dixo non ter “falado con él”, e non saber dél. Pensa que non tardará de chegar e espera que levase a cabo as pautas de adestramento que lle dixeron que fixese.

Do encontro ante o Coruxo deste Domingo en Riazor, que será televisado pola TVG2 e polas diversas canles da TVG, (Canal Internacional e a sua web), quer que o equipo sexa coma o do segundo tempo ante o Salamanca, que teña cotinuidade : “Gustaríame que ese segundo tempo contra o Salamanca fose o primeiro tempo contra o Coruxo. Unha actitude coa que, independentemente do resultado, o equipo mostre forza, enerxía e agresividade. Que o equipo sexa máis harmónico no terreo de xogo e que o seu fútbol teña máis continuidade”.

-Preme no vídeo para ver a rolda de prensa o completo.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies