ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ FALANDO SOBRE A LIGA E O ESTADO DE FORMA DOS XOGADORES.

 

 

Fernando Vázquez pasou por rolda de prensa e nela explicou que hai varios xogadores que chegaron máis tarde e que viñan de estar sen adestrar en grupo, coma Borges, Uche, Rui Costa ou Rolán e que non están ao 100%, como tampouco ve ao equipo en conxunto.

Amosouse sorprendido porque o final Rolán quedase aquí e dixo que : “Foi unha sorpresa para min, pero positiva, porque é un futbolista que marca diferencias. Eu falei con él e está disposto a axudar ao Deportivo nestes momentos. Outra situación diferente é o seu estado de forma e legal. De momento non ten permiso de traballo, leva moitísimos meses sen entrenar en grupo e a súa situación témola que levar con moitísimo coidado a nivel de adestramentos e tamén que arregle o que ten que arreglar”.

Tamén falou sobre o “deprimente” ue lle parece o sistema da liga no que na fase final por un fallo nun partido, o ser a encontro único, podes quedar fora, e polo feito de que antes nas liguiñas pasen os equipos cos puntos feitos, cando pode haber grupos máis froxos, onde un terceiro poida ter máis puntos co primeiro do outro : “Analizar o sistema de competición é deprimente. Porque é patético o sistema de competición. A min cóstame entender que toda a clasificación dun grupo se arrastre á fase seguinte. Se rompe o principio de igualdad. Non todos os grupos son iguais. Se podería dar que un campeón dun grupo tivese menos puntos que un segundo ou terceiro doutro grupo, e non tivese posibilidades de clasificación. Entendería que se arrastrasen so os puntos sumados contra os que se clasifiquen, pero non todos, non entendo a razón. Parécemos demencial. Non o chego a entender, porque a desigualdade é patente. Podería ser diferente. Que a afición entenda a posición en que estamos. Que se entendan as dificultades. O Deportivo ten que gañar todos os partidos e chegar ao 54 puntos para levar os máximos posibles para a segunda fase. Algún partirá nunha desventaxa tremenda á segunda fase”.

Sobre a sua mentalidade, non ten dúbidas, segue considerando un despropósito o que se lle fixo o Depor pero espera a liga superilusionado : “Non teño por qué aceptar a situación. O feito mal segue mal, pero eso non impide que estea concentrado na competición que vai empezar. Non o aceptarei nuynca, pero non son tan cabezón. Estou superilusionado co que vai a comezar. Pero que nadie pense que esto vai a ser un camiño de rosas. Para ser un campeón fai falla humildade. Non podemos case perder partidos. É unha competición moi dura e esixente”.

-Premendo no vídeo podes escoitar todo canto dixo.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es