ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ E LISTA DE CONVOCADOS : “TEÑO GAÑAS DE VOLVER A RIAZOR DE PISAR ESE TUNEL”.

 

Fernando Vázquez falou en rolda de prensa previa o encontro de mañán xoves ante o Racing de Santander : “Hai que xogar pensando neste partido, exclusivamente. O que baixa o resultado produtivo de calquera persoa é pensar que un resultado malo, un artigo mal escrito, pódeche levar á destrución. Porque pensan no momento final, neste caso o descenso. Isto é un partido máis. Xogas, perdes. Pero sabendo que podes fallar nove veces máis. Tes que gañar un partido de cada dous. Visto así parece máis sinxelo. Perder, imos perder. Oxalá non, pero a derrota forma parte da competición e hai que saber aceptala”.

Para o de Castrofeito, “cada partido é unha final”, e espera que a afección lles axude e que acude a Riazor, puntualizando que o Depor ten “unha afección grande”.

Falou de Sabín Merino : “O primeiro que hai que dicir é que vén de Primeira. Ten partidos oficiais no Athletic, marcou goles. Asinou un compromiso de dous anos e medio… é un futbolista do Dépor e implicado. Non é unha cesión. Vai achegar moitas cousas. Pode xogar perfectamente en punta e tamén por fóra”.

E tamén dixo que o nixeriano Uche Agbo saludouno e nada máis, pois ainda “non mo presentaron como novo xogador do clube”.

Tamén falou de Claudio Beauveau, que xa se despideu dos compañeiros no Vigo e que todo apunta a que será en breve xogador do RC Deportivo. Tanto o nixeriano coma o francés, están pendentes de pequenos flecos. Igualmente Çolak que ainda non recibeu o tranfer, pero sí entrou na convocatoria ao igual ca Sabín Merino.

Tivo palabras de admiración hacia Álex Bergantiños, que vai máis alá de ser titular : “Mirar para Álex e decir que se queres saber algo de como está o equipo non tes máis ca mirar para él. Mirar para os líderes vese no traballo, e na sua maneira de estar e ese é Álex Bergantiños”.

No vídeo a rolda de prensa completa de 19,29 minutos de duración.

 

Lista de convocados

REFORZOS DO DEPORTIVO FEMININO
Esta mañán tamén pasaron o recoñecemento médico no Hospital “Modelo” da Coruña, as novas xogadoras do Deportivo ABANCA, Carolina Arbeláez Castaño (Medellín, Colombia, 8 de marzo de 1995) e Lorena Bedoya Durango (Bello, Colombia, 6 de outubro de 1997).Nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación, Carolina mostrouse “moi agradecida con cada unha das persoas de acá. Recibíronnos da mellor maneira, fixéronnos sentir en casa e esperamos achegar o noso máximo potencial ao equipo”.

Pola súa banda, Lorena dixo estar “feliz neste novo equipo, cidade, país. Esperamos dar o mellor de cada unha”.

Considera Carolina que é “unha honra estar nun dos mellores equipos que agora vén funcionando na táboa. É unha responsabilidade enorme, porque vimos dun país que é futboleiro pero non ten unha liga tan estruturada como a española. É un reto e unha gran responsabilidade para nós”. “Sei que é un reto moi difícil pero ímolo a afrontar da mellor maneira”, apunta á súa vez Lorena.

Da Primera Iberdrola, comenta Carolina que “o ano pasado, en xaneiro, tiven a bonita oportunidade de estar en Valencia, coñecer o equipo do Valencia CF por unha compañeira, Natalia Gaitán, que é a capitá do equipo. O nivel é bastante competitivo. Calquera equipo acá pódeche gañar, estando de último na táboa; ou mesmo ao primeiro pódenselle roubar puntos. É un fútbol de bastante competencia”.

Pola súa banda, Lorena confesou seguir a competición “por redes sociais. É unha liga moi difícil. Creceu moito a liga española”.

Defínese Carolina como unha xogadora “tranquila, que sabe manter o balón nos pés. Cando non o teño son un pouco agresiva porque me gusta ter a pelota. Espero dar o noso máximo potencial. É unha nova experiencia, un novo reto para nós. Somos xogadoras novas pero vimos dalo todo na liga”.

 

-Fotos e vídeo : RC DeportivoTexto
-Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.