ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ E LISTA DE CONVOCADOS : “SEMPRE LLE PIDO O EQUIPO HUMILDADE PARA ESTAR NO TERREO DE XOGO”.

 

Fernando Vázquez comezou a rolda de prensa ao estilo de Javier Irureta como él mesmo dixo : “e non gañou nada aquí”. Tras dar a lista na que é baixa de novo Uche Agbo, do que o técnico de Castrofeito dixo que : “Despois de que fose titular xa dixen que posiblemente me equivoquei, que fose demasiado optimista no seu estado de forma. É un xogador que pertence ao club e do que espero moitísimo, pero ten que seguir preparándose e adestrar duro para alcanzar o nivel importante que lle pido. Eu vexo a Uche titular neste equipo”.

Tamén son baixa : Luis Ruiz, Borja Valle, Christian Santos, e David Simon. Son novidade : Salva Ruíz e Sabin Merino recuperado dos seus problemas musculares.

Segue a ser cauto a hora de falar de espectativas : “Somos realistas e temos os pés no chan. Non hai que presumir de nada. Sempre lle pido ao equipo humildade para estar no terreo de xogo. Ás veces dá a sensación de que estamos a esperar. Hai que ter paciencia, tranquilidade, humildade deportiva para saber posicionarse e esperar a recuperación que poida dar a opción de contraatacar”, cousa que paar él os seus xogadores estano a facer de maneira extraordinaria.

A fórmula de ir partido a partido veulle de marabilla e segue apostando por ela : “Estamos ao que estamos: seis partidos, 51 puntos. Se o conseguimos rápido, non nos imos a ir de vacacións. Aí será cando todos podamos dicir, veña imos tentalo. Pero se perdemos esta fin de semana e gañan os de atrás volvemos estar abaixo”.

A rolda de prensa completa no vídeo.

 

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.