Rolda de prensa de Fernando Vázquez e convocatoria para o encontro de mañán Domingo ante o Extremadura en Riazor a partires das 17:00 horas, (15:00 GMT), e a sua convocatoria para o mesmo.
Fernando Vázquez desvelou en rolda de prensa esta mañá en Abegondo como se produciu a conversación post-partido con López Toca, colexiado na Rosaleda: “O primeiro é que o vestiario do árbitro está á beira do vestiario local. A 10 metros. Eu non fun a buscar ao árbitro. Cando me metín dentro o árbitro estaba a subir as escaleiras cara ao seu vestiario. E eu, en voz non moi baixa porque estaba rodeado de moita xente, en voz alta, díxenlle o seguinte: ‘un gol ten que ser anulado cando viña precedido dunha man sexa voluntaria ou involuntaria’. Iso é o que nos explicaron a nós. Se lemos a redacción da acta, parece que son un macarra que me acheguei coa intención de ameazar ao árbitro ou agredirlle. Ninguén me tivo que agarrar. Estaba alí o Delegado, díxenlle iso e díxome ‘imos’. E eu marcheime”.
Nesta liña, subliña Fernando Vázquez que “fun expulsado moitísimas veces. Nunca foi por insultar e sempre por pedir explicacións”.
Lembra que o Deportivo “leva tres partidos: Raio, Tenerife e o outro día; con decisións que eu… Eu tamén estudo o regulamento. Parece ser que o regulamento é interpretable só por algunhas persoas. ¿Por iso tres partidos? A min non me castigan os árbitros. O árbitro escribe na acta. A redacción da acta para min é grave. Debería dicir ‘Fernando Vázquez achegouse a min un pouco airado e en voz alta díxome o seguinte: pim, pim, pim’. Nada máis. O que fai o árbitro é unha interpretación das miñas intencións coma se os do meu equipo tivésenme que coller porque estaba desbocado”.
Do choque ante o Málaga CF, o adestrador branquiazul indica que “quizais non soubemos ler ben o partido. O adestrador non se explicou ben ou os xogadores na situación na que lles puxo o rival foron incapaces de ler ben ese partido. Sigo pensando que foi unha gran opción perdida pero non se pode remediar. O equipo está concienciado de querer saír e convencido que o imos a conseguir”.
Iso si, advirte que “cando estás preto do obxectivo é o máis difícil. Aquel convencemento que tiñas ao principio de arriscar porque se non nos imos ao pozo, agora quizais se poida converter en certo temor de poder fracasar. Iso é a dificultade de conseguir o obxectivo”. Por este motivo, insiste en que “hai cinco meses, o de mañá (en ABANCA-RIAZOR ante o Extremadura UD, 17:00 horas, Movistar LaLiga) era un partido que estabamos encantados de xogar pero cando se achega, hai certas situacións mentais que non son fáciles de controlar. Afortunadamente temos este, Miranda e Fuenlabrada. Este é o primeiro e temos que resolver este domingo”.
Insiste en que en Málaga “cometemos erros estratéxicos, tácticos, técnicos e faltounos certa frescura física”. Pide mañá en ABANCA-RIAZOR ter “unha lectura máis clara do partido, que tecnicamente esteamos perfectos no pase, que as eleccións tácticas sexan máis exactas e que fisicamente nos atopemos un chisco mellor”.
Sobre a situación do Extremadura UD, xa descendido a Segunda B, Fernando Vázquez recoñece que preferiría ter enfronte mañá “un equipo sen obxectivos claros, que pase o que pase a súa situación non vai cambiar. Temos vantaxe porque temos un obxectivo; e os obxectivos dan enerxía para competir”. Iso si, advirte de “a cuestión negativa, que é que temos que gañar. Ás veces o resultado é un elemento para que xogues peor. Igual chega aquí o Extremadura, ponse a xogar ao fútbol e todo lle sae perfectamente porque esa tensión non a teñen e nós si. Pero creo que ao final se ten que impor a enerxía dun equipo que está compacto, seguro e que ten que gañar o partido”.
Non fai contas sobre a salvación en caso da vitoria: “É posible que estea feita, virtualmente. Matematicamente non e por tanto para que imos pensar niso? Primeiro gañamos e celebramos. Logo se necesitamos temos que ir a Miranda e logo vén o Fuenlabrada. Non é importante para min isto”, conclúe.
Sen sorpresas na convocatoria na que non chega Peru Nolaskosin pero non polas suas molestias, senón por unha amigdalite. Tampouco estará evidentemente Uche Agbo pola sua lesión de gravidade e Salva Ruíz que segue con molestias. Polo demáis só queda fora o xuvenil Alberto e mantense o outro xuvenil Juan Rodríguez.
ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA
-Fotos, Vídeos e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.