Fernando Vázquez pasou por rolda de prensa como cada semana previamente ao encontro máis inmediato de liga. O técnico deportivista de comezo pideu a afección, que “non deixe de crer”, a pesares do xogo cativo do equipo e dixo que “a crítica é necesaria”, pero que a afección : ” que a xente poida perder a esperanza, a ilusión e a fe nos xogadores”.
Fernando comezou dicindo que : “A crítica é necesaria pero non sei se son precipitadas. Só quero trasladar a opinión de que non podemos caer na tentación de pensar que temos o obxectivo conseguido xa, ou nada. Teño a impresión de que temos que ter xa o obxectivo conseguido ao segundo partido. Preocúpame que a xente poida perder a esperanza, a ilusión e a fe nos xogadores. Realmente podería dicir que o equipo vai ser aquelo que a afección queira que sexa. Se ti cres no equipo, o equipo vai dar un nivel superior e ser un equipo máis competitivo e cun fútbol mellor. Se desconfías, ese ‘feeling’ chega ao equipo e é posible que non se poida chegar as cotas para o que eu creo que está preparado. É importante saber que o obxectivo se ten que conseguir cando se ten que conseguir, o que hai que facer agora é que os futbolistas sintan que son bos xogadores, e que van formar un bo equipo. Axudaría ao adestrador, ao equipo, ao club… que esa unidade que me transmitían o ano pasado non se rompa de inicio porque quizá o equipo non estea a xogar como se esperaba que xogase”.
Preme no vídeo para oir todo o que dixo.
-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo/Canle YouTube RC/piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR