ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ : “4 PARTIDOS EN 10 DÍAS VULNERA A COMPETICIÓN”.

 

Fernando Vázquez pasou por rolda de prensa e nela queixouse da diferenza comparativa do Depor con respecto aos seus rivais a hora do tempo de descanso antre eles e o equipo deportivista : “Xogando o que nos xogamos, catro partidos en 10 días… a veces cústame entender. Non o digo polo sorteo, que non sei se se pode facer mellor, pero nesta situación si que se vulnera a competición. Se algún se queixa de que os cinco cambios poden vulnerar a competición… aquí si que se vulnera. Teño os mesmos intereses que pode ter o Oviedo e non hai cor no descanso entre uns e outros. Nos primeiros partidos é fundamental. Así de repente, a veces sin cumprir as 72 horas… somos o equipo de Segunda co menor promedio de descanso. Iso paréceme grave. Tocounos e acéptoo, pasoulle a outros equipos en Primeira, pero se hai algo que vulnere a competición é precisamente o descanso que terán os meus xogadores con respecto a outros”.

Os xogadores avogaban porque de seguro depois serán os que teñan esta voráxime que vai sufrir o Depor que ata vai xogar dous encontros cunha diferenza de 68 horas, 4 menos das que estabrece o acordado pola asociación de xogadores, pero para Fernando esto non é contraproducente : “Que despois nos regalan o que agora teñen os outros? pero non será o mesmo. O importante é a primeira parte e aí estamos condenados. Que faremos? rotacións por suposto. Porque aínda que os xogadores non se lesionen, no seu estado de forma non os podo poñer mércores, domingo, sábado. En algún momento teño que cambiar. Isto debería ser progresivo. Se me dixeran 15 días xogando 4 partidos e a partir de aí xogar cada tres, pareceríame máis normal”.

Tivo unha lembranza Fernando Vázquez para tódolos desaparecidos por causa do Coronavirus, especialmente para os deportivistas e as suas familias.

Que non haxa xente en Riazor parécelle un feito que afecta o rendemento do equipo : “Eu sempre considerei a afección como parte do noso grupo. E non vai estar. Xa na entrada do estadio. Non tes quen che berre, non che van aplaudir, incluso que che digan burro… todos os equipos perden aí. A min gustaríame ter público porque me da a sensación de que enfoca aos xogadores. Faite inmune ao esgotamento, á frustración…”.

Asegurou que Mujaid está para xogar totalmente e que Aketxe se quixeran xa podería xogar, pero prefiren esperar un pouco máis dada a situación na que estamos. Veu moi ben a Abdulayed Ba, do que dixo que : “está con moita forza, moita intensidade, perfectamente integrado”.

Todo o que dixo telo premendo no vídeo.

 

-Foto, Vídeo e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.