ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO SORIANO : “HABERÁ 3-4 INCORPORACIÓNS MÁIS A TENOR DO MERCADO”.

 

Fernando Soriano estivo na presentación de Pablo Vázquez e tras presentalo e deixalo falar, e que este se fose a adestrar cos seus compañeiros estivo a disposición das preguntas da prensa. Cousa pouco habitual no Depor xa que os seus antecesores só falaban o remate do mercado de fichaxes. Algo que hai que destacar.

Soriano confirmou a saida de Arturo o cal segue a adestrar co grupo pero o que tachou de “gran profesional”. Dixo que habera 3 ou 4 incorporacións máis todo esto a tenor do mercado. Destacou a Barcia do que dixo que “ten o sitio asegurado, pero por méritos deportivos e non ten nada que ver co seu contrato. Está a dar un nivel altísimo”, e que están nun “proceso” para renovalo por máis anos.

Non negou que Max Svensson sexa unha opción, ainda que “esta semana haberá que indo vendo o que marque o mercado, sen presa e vendo situacións en cousas que nos poidan interesar”. Sobre os canteiráns que están a facer a pretempada co equipo dixo que, “son eles os que teñen que decidir se queren estar aquí, e que non ten dúbidas con ningún”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”