ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO SORIANO E CARLOS BALLESTA : “PIDO CONFIANZA, ESA É A MENSAXE QUE QUERO QUE TRASMITADES…CONFIANZA”.

 

Por fin se acabou o mutismo no RC Deportivo e falaron en rolda de prensa Carlos Ballesta e Fernando Soriano. O deportivista acosárono con preguntas nada aptas, pois para nada é él o que as debe contestar, e máis cando ainda oficialmente non se sabe o cargo que vai a ocupar na diretiva, pero eso sí, deixou craro que “o Deportivo non se vende”, que o máximo accionista ten garantizada a tranquilidade. Unhas preguntas que se repetiron co novo Director Deportivo, que tampouco él é quen para contestalas, pois non é o seu ramo.

Soriano falou un pouco das suas ideas, e ambos incidiron en que se os cantaiáns petan na porta teñen as portas abertas do primeiro equipo. Soriano xa dixo que a pretempada comezará o 17 de Xullo cos pertinentes recoñecementos médicos e que se xogará ante Fabril, Arteixo, Vilalbés, Compostela, e Ponferradina, entremedias o Teresa Herrera, que podería ter de convidado o San Lorenzo de Almagro, (colleita propia que deixamos aí).

Dixo que falou con tódolos xogadores do equipo e que xa saben os que contan e os que non. Sobre Lebedenko dixo que o traspasan porque era bo para o Deportivo e que teñen falado xa con varios xogadores e que algún xa se fará oficial en breve. 

Sobre as fichaxes dixo que teñen que fichar ben pois ter os mellores xogadores non che asefura o éxito, o que sí hai que facer bo equipo, e que se decideu por Imanol Idiakez, porque : “O que viches esta camiseta sabe o que conleva. Non me gusta falar de que pode ou non ocorrer, pero si podo falar da intencionalidade. Non concibo un equipo ao que lle valla o empate en ningún momento. Non contemplo ao Dépor non saíndo a gañar sempre, é algo que valorei de Imanol”…”Confianza total en Imanol, por iso asinou dous anos de contrato. É algo que falei coa propiedade, que preguntaba por como conseguir tranquilidade despois de perder tres partidos seguidos. A paciencia, pola miña banda, vou ter”.

Sobre Bergantiñso dixo que falou con él e que o “impresinou” e que o quere o seu carón : “Tiven unha reunión con Bergantiños e cativoume. O seu deportivismo é incrible. Chamáballe a atención a nosa parcela e o normal é que vaia a estar moi preto de min”.

Dixo que vai a ter moi en conta a canteira e que xa por iso vai a haber 3 xogadores da canteira que comezarán con dinámica do primeiro equipo : “Decidimos que o primeiro equipo e o Fabril empecen o mesmo día ou cun de diferenza. Haberá dous ou tres xogadores do filial que empecen xa en dinámica do primeiro equipo”, e conta fixos con Trilli e Yeremai : “Estiven onte con Trilli. Compartiume o último ano que pasara e que non estivera cómodo. Confianza de que tanto el como Yeremay estean connosco. Hai uns contratos, pero pola nosa banda non hai ningunha dúbida de que nos poden achegar”.

Tamén se desvelou que se vai a mellorar as infraestructuras de Abegondo en especial un novo ximnasio e un campo de herba artificial para os rapaces.

O final repiteu varias veces que se transmita confianza.

O DETALLE : Durante a rolda de prensa usou varias veces a famosa coletilla de Arsenio : “Que duda cabe”.

 

No vídeo tes todo o que dixeron Ballesta e Soriano, nunha conversa ca prensa de preto de hora e media : 

 

 

PRETEMPADA CONFIRMADA

O Dépor comezará o 17 e o 18 de xullo cos recoñecementos médicos aos futbolistas; e a partir do 19, empezarán os adestramentos no campo.

As datas dos amigables xa pechados son as seguintes:

Sábado 29 de xullo, amigable Deportivo – Fabril, en Abegondo
Mércores 2 de agosto (19:00 horas), Memorial Arsenio Iglesias, Atlético Arteixo – Deportivo, en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Sábado 5 de agosto, LXXVIII Trofeo Teresa Herrera, en ABANCA-RIAZOR
Martes 8 de agosto (19:00 horas), Racing Villalbés – Deportivo, na Magdalena (Vilalba)
Xoves 10 de agosto, SD Compostela – Deportivo, na Pobra do Caramiñal 
Martes 15 de agosto, SD Ponferradina – Deportivo, en El Toralín (Ponferrada)

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Captura de vídeo