ROLDA DE PRENSA DE ESCUDERO PREVIA O LEGANÉS-DEPOR DESTE VINDEIRO LUNS.

Escudero pasou por rolda de prensa para falar sobre o proximo rival, o Leganés o vindeiro Domingo no “Butarque” a partires das 21:30 horas, e tamén tocou outros temas particulares e do grupo.

Sobre a visita ao Leganés:

“Estamos con moitas ganas. Vexo ao equipo moi ben e estamos competindo a un gran nivel. É a dinámica e a liña que debemos seguir. Afrontámolo como un partido que vai ser complicado fóra de casa, pero con moitas ganas.”

“Duro, moi duro e contra un equipo moi completo e con bos xogadores. Enfróntamo como cada partido en Segunda, é unha liga moi competitiva e difícil.”

Sobre o empate fronte ao Burgos:

“Obviamente gustaríanos conseguir os tres puntos, pero creo que se viu un equipo moi diferente ao que acabou sendo o curso pasado en casa. Hai que confiar, seguir ilusionados, porque esa ilusión non nos a vai quitar ninguén. Hai que seguir esa liña de competitividade e de como se está sentindo o equipo co balón e sen el, porque case non nos están creando oportunidades. Hai que seguir traballando por esa liña.”

Sobre as despedidas de Genreau e Bouldini:

“Onte nos dixeron que había posibilidades de que saísen. Nós non sabemos nada porque son cousas dos clubes, e o que temos que facer é pensar en adestrar ben, preparar o partido e xa veremos o que sucede estes días.”

Estado persoal e ilusión:

“Estou con moita ilusión. A mesma coa que cheguei o ano pasado e na que non tiven fortuna durante toda a temporada. Teño ganas e estou como se tivese 20 anos e chegase agora mesmo á élite. Hai que aproveitar cada momento que estás no campo, dar o máximo e aportar moito ao equipo.”

Sobre as molestias no ombreiro:

“Sempre se convive con dores. O golpe que tiven é na mesma zona e por iso o outro día metín a man aí. Por sorte puiden continuar sen problemas. Está ben soldado.”

Mentalidade fóra de casa:

“Nós temos a mentalidade gañadora en casa e fóra. Outra cousa é que os equipos rivais tamén xogan e fan as cousas ben como o outro día contra o Burgos, un equipo moi ordeado.”

A chegada dos novos fichaxes:

“Son rapaces que se están adaptando moi rápido. Creo que iso tamén é un traballo que temos que facer os que levamos máis tempo aquí, intentar que estén a gusto, que se sintan en casa como dende o primeiro día. Son moito traballadores, con moitas ganas, e creo que se están adaptando moi ben.”

Recomendacións do adestrador Hidalgo:

“Cóntanos que entendamos o xogo para ver onde poden estar os espazos. Se hai moita xente polo medio, estar un pouco máis abertos; e se teño a oportunidade de meterme polo medio para coller algo de balón, facelo. Teño que distribuírme un pouco máis polo campo dependendo das posicións dos compañeiros.”

Obxectivo: os seis primeiros:

“Creo que hai que dar un pasito adiante, e esa é a ilusión que temos que ter entre todos. Non podemos perdela, nin o club, nin os xogadores, nin a afición, e tratar de conseguir o obxectivo.”

Sobre a intensidade e o traballo do adestrador:

“É un adestrador moi esixente, moi intenso, e que está moi pendente de todos os detalles e de todos os xogadores para que poidan dar o máximo. Esa é a esixencia.”

Confianza en Mella e competitiidade interna:

“O primeiro é que temos moita confianza nel, sempre a tivemos e a seguimos tendo. Isto é o fútbol e a competitividade sempre vai estar aí, cun compañeiro que che fará de esixencia para converterche nun mellor futbolista. Ten que seguir traballando, mellorando, e seguro que chegará o seu momento. Levo dúas xornadas e isto é moi longo. Estamos con el, e a competencia viralle moi ben.”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto e Vídeo : RC Deportivo