ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA.

-ROLDA  DE PRENSA-
Eneko Bóveda fixo o seu mellor encontro como deportivista.

 

-Eneko Bóveda : Fomos mellores e con todo tes un resultado que a estas alturas, e como estamos, non acaba de ser bo

 

Eneko Bóveda, falou no post-encontro como en él é habitual, falando con sentido no que di e decindo sempre algo. Onte foi o seu mellor encontro dende que chegou ao equipo e quixo antes de nada puntualizar a boa comunñón antre a grada e o equipo de principio a fin : “Acabamos o encontro o choque de onte cunha sensación un pouco agridoce porque sinceramente foi un partido cunha comuñón especial bancada-equipo xa desde o principio”.

ROLDA DE PRENSA DE : ENEKO BÓVEDA

(Por : rcdeportivo.com)
 

Eneko Bóveda pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O lateral deportivista explica que acabou o choque de onte ante o Cádiz CF con “unha sensación un pouco agridoce porque sinceramente foi un partido cunha comuñón especial bancada-equipo xa desde o principio”.

Cre que o Dépor “fixo un bo partido ante un rival que está por encima de nós. Fomos mellores e con todo tes un resultado que a estas alturas, e como estamos, non acaba de ser bo”.

É máis, está convencido de que “se xogásemos como onte nos dous partidos anteriores probablemente fose unha bagaxe diferente. Un prefire non gañar así que non gañar como contra o Rayo Majadahonda ou o Extremadura”.

Recoñece que “que como estamos, o que queda é gañar, gañar e gañar. Non te podes ir a gusto porque te afastas. Se en algo é bo o partido de onte é que se ve o Dépor que queremos ver”.

Bóveda recalca que toca analizar, porque “despois dunha primeira parte na que o Cádiz non pasa de metade de campo, na que te estás impoñendo. Ver que o inicio da segunda cambia esa tendencia, sen estar mal nós. Pero si o que se ve no campo é diferente. Eles gozan máis da posesión. Divídese un pouco o espazo. Tes que pensar que provocou ese cambio. Se foi unha decisión propia, se foi provocado polo rival. E se é unha decisión propia, ver se é conveniente ou non”.

É máis, lembra que “os últimos partidos que nos puxemos por diante, cedemos terreo e os resultados foron bos. Onte non. Aínda e todo tivemos boas saídas ao contragolpe, pero si que é unha análise que temos que facer: cun marcador favorable, ¿que equipo queremos ser?”, conclúe.

A nivel persoal, Eneko, aínda que indica que “non me gusta falar de min demasiado, é certo que calquera xogador con condicións un pouco favorables rende mellor. Pelexamos por xogar, pola competencia interna, por impoñernos aí. Nos últimos partidos xogueinos eu, estou contento. Son as mellores condicións para render”, conclúe.

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

Debaixo das publicidades tes como contactar connosco

 se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies