ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA : “Vai ser outra guerra con dificultade absoluta”.

 

Eneko Bóveda, un dos capitáns do Deportivo, pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O defensor deportivista apuntou que os branquiazuis “estamos con moitas ganas do seguinte partido, con moitas ganas de consolidar certas cousas que se fixeron ben”, en referencia á próxima visita ao RC Celta B deste domingo 14 de marzo ás 11:30 en Barreiro (TVG).

Prefire “deixar nun segundo plano” todos os aspectos relacionados co psicolóxico, co emocional, porque “tivemos tempo dabondo para ser absolutamente conscientes de que somos xogadores da liga que somos”.

É máis, lembra que o Celta B “foi mellor que nós até agora e, por tanto, se alguén debe respectar a ese equipo como xogadores somos nós. Ir coa máxima humildade a impoñernos no partido e punto”.

Subliña Eneko Bóveda que o equipo está preparado para encarar estes dous últimos partidos do subgrupo A con a necesidade do triunfo, “pero sabemos da dificultade de cada partido. Se algo nos demostra a liga nos últimos partidos é que isto non se trata de quitar a cortiza á botella e que empece a saír todo como queremos. Vai ser outra guerra, con dificultade absoluta para gañar o partido, pero tamén sabemos que as nosas opcións temos”.

Nesta liña, advirte que “o tempo nos demostrou que todos os partidos custáronnos. Todos. Os que perdemos perdémolos por pouco e os que gañamos gañámolos por pouco. Temos que ser conscientes de que todos os partidos vannos a custar, pero o feito de que nos custe non nos descarta para gañar”.

“Isto costa, e isto é a primeira aprendizaxe. Habemos ir a Coruxo e perdemos. Habemos ir a Ferrol e perdemos. É porque é difícil gañar. E logo hai aspectos que fixeron que xogadores individual e colectivamente non désemos o nivel que hai que dar para gañar os partidos. Non soubemos levar a cabo o plan de xogo. A experiencia ten que servir para non repetir eses erros que son evitables”, conclúe.

Opina que a mente “ten que estar en competir o seguinte partido. Sabemos que houbo soños, expectativas… Que as segue habendo pero todo iso afástanos da realidade que é o que nos custa sacar os partidos adiante. É do que temos que ser conscientes. A partir de aí enfocalos coa máxima competitividade, que é o que ao final che fai sacar os puntos. Estamos nun momento do que iso se trata, de sacar os puntos e impoñernos aos rivais que nos toca, que son os que son, curiosamente equipos que van por diante. Por iso debería ser relativamente sinxelo respectalos e ter ganas ao mesmo tempo de ser mellores que eles”.

Finalmente do RC Celta B sostén que “é un filial con xente non de 18 ou 19 anos senón máis mádura. É xente preparada para competir, é o que vin aquí en ABANCA-RIAZOR. Nestes equipos sempre hai xogadores que en canto a talento teñen a capacidade de resolver máis que outros xogadores da mesma categoría. O que máis me gustou deles foi a segunda parte que nos fan aquí a través de competirnos. Non foi ese filial que se dedica a lucir tanto no xogo. Foron prácticos. É un equipo que está a facer as cousas ben”.

-Foto, Texto e Vídeo : rcdeportivo.es