ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA : “TEMOS QUE IR A GAÑAR”.

 

Eneko Bóveda pasouse por rolda de prensa e ten craro que : “a eles tócalles o rol de equipo favortito por ser un dos que baixaron, o mesmo que nos pasou a nos o ano pasado”.e dí non sentirse superior por ser o Depor : “Pero tampouco temos que sentirnos inferiores. Temos moito que gañar e que perder tamén. Son dos que penso que hai que facer unha serie de puntos e todo o que deixes de sumar é desviarche desa media que che vai a dar o ascenso. Se gañamos, será moi bonito e importantísimo, pero estaremos nas mesmas. E se perdemos non podemos dalo como que non pasa nada”.

O lateral vasco é dos que cando saen a falar fano con criterio e ademáis de falar das diferenzas por mor dos presupostos, falou do encontro anterior que non o veu tan ·”redondo”, e sobre o reencontro con varios ex deportivistas, sendo para él o máis especial e para a maioría da plantilla, o reencontro con Pedro Mosquera : “É o caso máis especial porque é o xogador que máis excompañeros ten aquí e ao que máis coñecemos. Con Luisinho coincidimos tres ou catro e logo están Juan Carlos e Insua, que estiveron con Álex. Para eles e as súas familias é un día especial, pero para nós…?.

 

 

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e a do director deportivo, e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

 

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies