ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA : “O TEMPO DIRÁ SE SOMOS CAPACES”.

 

Rolda de prensa de Eneko Bóveda, nun día difícil tralo fiasco de Extremadura, coa afección que xa non aguanta máis e que ten convocada unha manifestación na Praza de Pontevedra para o vindeiro venres ás 20:00 horas, e con pintadas no Estadio de Riazor e na casa de Carmelo del Pozo.

O zagueiro vasco que amosou estar moi afectado co que está pasando, deu a cara como nél acostuma e non reusou ningunha pregunta, nen meteu balóns fora, como nél é habitual, que non tira nunca de tópicos.

Algunhas das suas frases :

“Esta situación tan mala no deportivo, talvéz de los que estamos nadie la ha vivido”.

“O tempo dirá se somos capaces. Haberá quen pense que non e argumentos ten para iso. E haberá xente que pense que si e tamén os ten. Os xogadores non empezaron este ano no fútbol. O que vise a estes xogadores máis tempo é posible que crea máis. O que os vira só este ano ou as súas valoracións baséense no último, ou o que sexa máis visceral… Eu defendo aos meus. Os resultados ata o de agora foron malos, pero creo que coa mesma xente poden acabar sendo moito mellores”.

“Creo que é porque a xente no fondo quere moito a este club e cre que se mata os xogadores está a matar ao club. Que ao final somos os que saímos ao campo e non queren matar os seus soldados. Enténdoo así. É algo que sentín nos últimos partidos en Riazor. A pesar de todo, á rabia, moita xente que non nos quere nin ver pasar por diante ou vestir esta camiseta, saben que este sábado van ter que saír 11 xogadores e a eses 11 hai que axudalos”.

“O adestrador se cre que son necesarios 11 cambios, 20, cambiar o sistema… eu crerei que é o momento. No que crea el, non no que ninguén máis cre. Se di tres centrais, eu quero tres centrais. Se di cinco dianteiros, pois para min é o mellor sistema. E gustaríame que esa fose a forma de traballar dun equipo. O que diga o adestrador. Que se son dianteiro e o adestrador di que se xoga sen dianteiro, pois chego a casa e coméntoo coa miña muller, pero o que diga o técnico é o que toca. Eu en opinións tácticas ou de propostas non entro nin polo forro”.

Tes a rolda de prensa completa no vídeo de 27,25 minutos.

 

-Texto e Foto : piratasdemuxia/vídeo RC Deportivo

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo : 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies