ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA : “O EQUIPO MELLOROU E TRALA DERROTA ESTÁ PREPARADO”.

 

Eneko Bóveda pasou por rolda de prensa e falou sobre o vindeiro encontro contra o CD Lugo, un derbi que se xoga este vindeiro Domingo 1 de Marzal a partires das 16:00 horas, (15:00 GMT). Para Bóveda o obxetivo “é que non recibamos gol” e “non ten porque ser un encontro con poucos goles”. O CD Lugo parécelle : “un equipo bo que se lles escapou un encontro na casa que ían gañando 2-0 e que gañaron os seguintes dous”.

Tamén alabou o papel de Peru Nolaskoain na defensa, que catalogou de “espectacular” ante o Girona e na “liña do equipo”, ante o Zaragoza”. Pensa que “él está preparadísimo e ten moita humildade e ten a fortuna de que está xogando sempre de inicio”.

O lateral vasco cré que trala derrota da semana pasada o equipo tomarao diferente a cando perdían antes : “Eramos conscientes de que, ou gañabamos 15 partidos, ou que despois da primeira derrota ía ser mirar a clasificación e que nos impresionase polo negativo. Foi así, a pesar de gañar unha chea de partidos, perdemos un e veste ao bordo do precipicio. A dificultade é xogar nesa situación. O equipo madurou e está máis preparado. As reaccións tras o partido de Zaragoza, como a semana en si, fanme pensar que o equipo vai ser o mesmo que viña sendo. É unha materia pendente que temos aí e sacarémola adiante”.

 

-Vídeo Sabin Merino : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies