ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA : “O DEPOR SEMPRE É UN EQUIPO POTENTE”

 

Eneko Bóveda pasou por rolda de prensa esta mañán en Abegondo. O vasco, un dos que mellor se desenvolve nas roldas de prensa sen tirar de tópicos e decindo as realidades, valorou o estado da plantilla deste ano e non quixo comparacións ca do ano pasado : “Ao final o ano pasado estás a un remate de subir. Cambiar o equipo conta cunhas vimbias diferentes e vai ser diferente. Xogadores e corpo técnico son diferentes e non serve compararnos co Dépor do ano pasado. Temos que empezar de cero ou, como moito, lembrando os pequenos matices que cada un poida pensar que o ano pasado fallou. Para min o mellor é empezar de cero e con humildade. O Dépor do ano pasado non é o deste ano, é outro e este Dépor é o que ten que subir”.

Teña o plantel que teña o final este Depor 2019 para Eneko : “Ninguén vai falar do Dépor como un equipo máis ou pequeno, porque hai un escudo e un estadio que pesan. Todos miran ao Dépor como un equipo potente, pero con iso non gañamos nin un punto, porque logo está o campo. Nós a presión e os favoritismos temos que sabelos levar. Xa sabemos os do ano pasado que coidado, que as cousas non son fáciles, e se iso serve para ser máis humildes e dar algo máis, benvido sexa e que acabemos logrando os nosos obxectivos”.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa de Eneko Bóveda e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es