ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA : “DE NINGUNHA MANEIRA DUBIDAMOS DO MÉTODO, NEN DO QUE NOS ACERCA A VITORIA”.

 

Eneko Bóveda pasou por rolda de prensa e falou sobre a importancia do vindeiro encontro en Riazor contra o Numancia o Domingo a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT). O xogador vasco do Depor creque ante o Langreo non se perdeu o que o equipo ven desenrolando ultimamente, senón que ou : “non nos sairon as cousas ou non soubemos levar a cabo o que se tiña adestrado”, para Eneko : “De ningunha maneira dubidamos do método, nen do que nos acerca a vitoria”.

Quer que as cousas vaian ben e trasmitir boas sensacións que valgan de cara o futuro do equipo : “Non podemos enchernos de sentimentos ou palabras negativas, cando hai tres días a sensación é que estabamos no camiño para seguir para este ano, e máis. Esa sensación de facer un bo final, transmitir boas sensacións, crernos un bo equipo e que iso tivese pouso para o que vaia a vir no futuro. Creo que cando un equipo acaba unha tempada con algo bo entre mans, con certa aprobación en todos os ámbitos, é unha gran axuda para empezar a enfocar a seguinte. Iso non garante o éxito, pero un bo final é unha boa primeira pedra para comezar”.

Todo o que dixo escoitando o vídeo.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia