Pasou por rolda de prensa o lateral vasco do Depor, Eneko Bóveda, que tivo unha gran ocasión de gol na que cruzou demasiado o balón en boca de gol e que remarcou que ainda que non se rematou antre os 3 paus pero sí houbo ocasións. Destacou a de Chrístian Santos de testa que pasou lambendo o longueiro : “Houbo ocasións de gol e a de Chrístian quizais foi máis crara que se vai antre os 3 paus”.
Cree que : Houbo alternancia no dominio e o resultado para nós e malo polo lugar no que estamos. Buscamos facelo mellor posible, incluso trocando de esquema para descolocalos e o empate foi xusto e imos precisar bastantes puntos”.
Sobre os trocos de sistema dentro do mesmo partido Eneko dixo que : “Nsabes cal vai ser a vía máis curta para gañar. O persoal ten boa sintonía co adestrador, iso axuda a que calquera proposta que el faga recíbase con bos ánimos e con fe. Esa é a vantaxe que temos para que el mesmo manobre con total liberdade e analice ao equipo, aos rivais, e en base a iso elixa a estratexia. Eu niso non me meto e limítome a afrontar calquera proposta coa maior fe e optimismo posible”.
Todo o que dixo premendo no vídeo.
-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.