ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA : “AS EXPECTATIVAS SON GRANDES E A ESIXENCIA É MÁXIMA”.

 

Eneko Bóveda pasou por rolda de prensa e falou do seu estado tralas molestias sufridas despois do encontro en Guijuelo, do que dixo ainda ter, “algo de fatiga tras un mes sen competir”, pero algo dento do normal que non lle impedirá estar para o próximo encontro, pero adestrando, “con precaución”.

Sobre o xogo do equipo cre que “o equipo está en fase de construcción de encontrarse e buscar o seu máximo potencial, non vexo que os xogadores estén na cabeza con outra cousa que non sexa a 2ª B”. Tamén comentou sobre as críticas dixo que “son esperables ou previsibles, xa que cada semana o equipo se enfrenta a unha final ou a un partido no uque non pode fallar…cando firmamos estábamos condenadas, falando da carga que supón, calquer mal resultado ía a supoñer unha semana de críticas o equipo. Estamos nunha situación curiosa na que por unha banda van os resultados e por outra o xogo”…”As expectativas son moi grandes e a esixencia é máxima”…

Sobre o próximo rival ve a “un equipo cos mesmos obxeivos cos nosos, confeccionado para ascender ou estar na parte alta, con moitos xogadores coñecidos para o púbrico”.

-Preme no vídeo para ver o que dixo…

 

 

Fernando Vázquez deseñou esta mañá en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, o plan de partido para medirse ao Racing de Ferrol este domingo 29 de novembro (19:00 horas, TVG).

O técnico deportivista contou con todo o seu cadro salvo os lesionados Derik e Miku; e Keko, hoxe con adestramento específico no ximnasio. Ademais, os canteiráns Adri Castro, Juan Rodríguez, Pablo Brea, Sarmiento e Trilli estiveron hoxe co primeiro equipo.

Unha serie de partidos once contra once a todo o campo foi a tarefa principal da xornada. Fernando Vázquez impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas e detivo en repetidas ocasións o xogo, como adoita ser habitual.

Mañá venres o Dépor regresa a Abegondo para un adestramento que arrancará ás 10:30 horas.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia