ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA : “A razón está connosco e por iso cústame perder as esperanzas”.

 

 

Eneko Bóveda recoñeceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que este verán “se deu unha situación imprevista, con algo que non esperabamos os xogadores. É o momento de ir valorando todas as opcións que xorden, están a xurdir ou poidan xurdir. Entre elas está continuar no Deportivo”.

O defensor vasco sostén que “as conversacións co Club foron en moi boa sintonía, mesmo con complicidade. Agora mesmo o que me toca é adestrar coa máxima profesionalidade. Mañá igual. E tratar ao Club co máximo respecto até o último dos días que estea aquí”.

Opina que “cada un (no cadro) en función da súa forma de ser ou o seu estado de ánimo levará a situación con máis ou menos optimismo; pero todos con inquietude. Agora estou máis pendente que nunca do teléfono móbil nunha situación pouco agradable porque á fin e ao cabo de certas decisións depende un cambio bastante importante nas nosas vidas, e non só deportivas”.

Iso si, “unha vez que cruzas a barreira de entrada a Abegondo os teléfonos e as noticias hai que deixalas aparte e hai que dedicarse a adestrar; porque sexa cal for o escenario hai que dar o mellor dun mesmo e prepararse para conseguir os obxectivos, que van ser ambiciosos seguro”.

Bóveda destaca que “ningún Director Deportivo querería traballar nas condicións que está a traballar a nosa Dirección Deportiva. Iso é evidente. Somos prexudicados sexa cal sexa o escenario final. Iso non quere dicir que non vaiamos ter obxectivos ambiciosos e que non teñamos opcións de conseguilos”.

Ante a reunión de mañá xoves no Consello Superior de Deportes entre a Real Federación Española de Fútbol e LaLiga, o defensor branquiazul subliña que “a cabeza me di que tentando ser o máis obxectivo posible, a razón vai connosco e que alguén a parte destas guerras vai pór a cordura. Nese sentido vaise a parchear unha mala decisión que se tomou e esa decisión non se vai a levar por diante a un equipo. Están a escoitarse varias voces doutros clubs queixándose de que nese suposto escenario de 24 equipos sairían prexudicados, que é así. Pero non se pode comparar o prexuízo a eses equipos co que sería un descenso ao Deportivo. De verdade creo que a razón está connosco e por iso cústame perder as esperanzas”.

Lembra que “cando se iniciou o fútbol todo parecía rodado. Ao principio moitos non daban un duro por iso. Ata que se dá unha situación imprevista. Á marxe de entrar nas decisións que fixeron que o CF Fuenlabrada viñese aquí. Fáltanme datos para dar unha opinión máis contundente. Ao final tómase a decisión de acabar a liga de calquera xeito. Iso reporta uns beneficios aos clubs en forma de diñeiro porque se acaba coa liga, as teles fan a súa repartición de diñeiro; pero lévaste por diante nesa decisión tan rápida, tan de emerxencia, tan de última horas, lévaste por diante as opcións de un, dous ou máis equipos. Sendo ou non un erro, tiña volta e podíase solucionar bastante rápido. A partir de aí todo o que se está dando non é bo. Eu estou pendente do meu Club e creo que nos teñen que dar unha compensación por ese prexuízo que sufrimos”.

-Vídeo, Foto e Texto : rcdeportivo.es