Pasou por rolda de prensa Eneko Bóveda e vese que son os veteranos e os que mellor saben falar a hora de valroar o que pasa e o que se está a facer, os que están saindo, pois tras Dani Giménez, e Borja Valle, hoxe salía a falar, Eneko Bóveda, tres dos que son “Top” a hora de falar da situacións, sexa boa ou mala. Tres veteranos que saben do que falan e arredan dos tópicos.
Eneko Bóveda que acaba de conseguir na Escola de Adestradores do RC Deportivo o título de Técnico Deportivo en Fútbol (Nivel II), iniciou agora un período de 6 meses nos que debe acreditar experiencia como adestrador nalgún equipo federado, condición indispensable para poder acceder aos estudos de Técnico Deportivo Superior en Fútbol (Nivel III). Para iso, o lateral deportivista púxose aos mandos dun dos equipos infantís do Deportivo. Adestrará cada tarde na Cidade Deportiva de Abegondo e, a condición de que o calendario do primeiro equipo permítao, dirixirá tamén ao equipo nos seus partidos de competición oficial.
En rolda de prensa sobre a situación actual do primeiro equipo dixo que : “A formúla á que me agarro e sempre me agarrei é a do día a día. Sobre todo nos momentos malos, cando tes esa ansiedade de que chegue o partido porque quero gañar, que pase a semana rápido”.
Di que cada día de adeatramento teñen que ir sacando ese peso que lles da a ansiedade e agarrase a forza do adestrador : “Empezamos cunha mochila de moitos quilos e hai que ir quitándoos. Espero que estean xa baleiras ou case baleiras. E sobre todo agarrarnos ao adestrador, que acaba de empezar connosco e ten moita forza”.
Afirma que teñen todo a sua disposición para sair dista situación : “Temos todos os recursos nas nosas mans. Un psicólogo, un adestrador que está moi pendente diso. Todo iso tennos que axudar, pero logo está o factor individual. Primeiro darche conta que é o que che pasa para saír ao campo e ter esa sensación. E logo ser autocrítico, saber que así non vas ben. Hai que traballalo, ten a súa dificultade”.
PABLO MARÍA XOGARÁ A FINAL DA LIBERTADORES
O ex deportivista Pablo Marí, que cando foi fichado se criticou moito nas redes sociais, por parte de “supostros” deportivistas, tapoulle a boca a todos eles co seu bo facer e segue a tapalo, tras fichar para o Flamengo e conseguir, aportando moito clasificarse para a a Final da Copa Libertadores.
Gol do Pablo Marí pic.twitter.com/6X2umhbVCx
— GIFSFLA (@GifsFla) October 24, 2019
-Vídeo : Canal YouTube do RC Deportivo
-Foto : Xose Búa “Pirata”.
Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR