Eneko Bóveda, un dos futbolistas con máis experiencia no vestiario deportivista, asegurou esta mañá en rolda de prensa que “esta foi unha semana boa despois de días de certa incerteza que levan algo peor. Unha vez que vén Fernando (Vázquez) todo cobra normalidade. Semana sen grandes sobresaltos e sen que ninguén se lesionou, que durante a semana adoita ser a maior desgraza que che adoita pasar”.
O defensor deportivista subliña que “creo ao 100 % en nós”. Trala última vitoria ligueira ante o CD Tenerife en ABANCA-RIAZOR, apunta que “o noso nivel non se corresponde co nivel que demos até agora. É máis probable que o noso nivel real salga durante o ano que que non salga”, apunta.
Indica que neste ano 2020 “imos pelexar por facer as cousas ben, con todo o convencemento do mundo. Eu téñoo e os que estamos imos ser capaces de sacalo”.
Preguntado pola chegada de Fernando Vázquez ao banco deportivista, Bóveda advirte que “é evidente que polos seus logros e méritos de etapas anteriores vese que goza do apoio de moitísima xente. É unha persoa moi querida. Neste momento no que os xogadores do primeiro cadro non sexamos os máis queridos da historia do Club, hase visto que esa marea cambiou de humor. Grazas á incorporación de Fernando tivemos esa sensación de que a xente ten outro ánimo”.
Lamentouse de que “xustamente a nosa vitoria coincidise co parón (do Nadal). O logro non era nada do outro mundo, gañar un partido. Pero si que dadas as circunstancias, algo que a nós tiña unha gran repercusión no noso estado de ánimo, ou debe de seguir téndoo. Botei en falta ter un partido seguido, aos 7 días, como adoita ser”.
Do choque deste domingo 5 de xaneiro en Soria ante o CD Numancia (12:00 horas, Movistar LaLiga), di o lateral branquiazul que chega nun momento “crave porque nisto que falamos tanto da psicoloxía, dos ánimos e demais danse certas circunstancias que fan que este partido nos poida dar moito, tamén quitar, pero sobre todo dar moito. Si pode ser un partido dos que nos acordemos durante tempo”.
Sobre o conxunto numantino, Eneko Bóveda teno claro: “Debería ser máis respectado do que é”. E aclara esta afirmación: “Moitas veces ao non ser Soria a cidade máis glamurosa de España, téndese a pensar que alí xogan con balóns de ferro ou cousas así. E a realidade é que para min son da liga dos 2 ou 3 equipos que mellor xogan. Vímolo aquí en ABANCA-RIAZOR, onde a primeira parte deles foi unha pasada de xogo. É un equipo valente, con xogadores moi técnicos e un moi, moi bo equipo este ano. Aí están os seus resultados. Acaban de gañar no Carranza que é un campo difícil. O que lles viu xogar xa verá o que son. É un equipo para min moi bo e que xoga ben e bonito”.
-Foto : piratasdemuxia.es
Texto e vídeo : rcdeportivo.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.