Eneko Bóveda atendeu os medios deportivistas tralo adestramento en Benidorm da “mini concentración” que orgañizou o clube ao atrasarse o encontro ao martes ás 21:00 horas, (19:00 GMT), pola morte de José Antonio Reyes, (D.E.P.), xunto cos outros 6 encontros nos que hai algo en xogo.
Bóveda non cre que o Elxe vaia a baixar o ritmo por non xogarse nada : “Eu póñome na situación dun xogador do Elxe e non vexo por que vou xogar peor do que podo xogar. A motivación dun futbolista non é só chegar playoff ou salvarse. É verche ti mesmo ben, gustarlle ao adestrador porque vai ser o do ano que vén, renovar e sacar un mellor contrato… hai mil cosa do día a día e o normal é que o Elxe sexa o Elxe”.
O xogador deportivista alabou a “excelente orgañización” tras saber que non se xogaba o encontro cando chegaron a Madrid de camiño a Elxe. Sobre o seu equipo cre que o que teñen que facer e amosar a sua “mellor versión”.
Abaixo da portada da web en “Vídeos Recomentados”, tes tódolos vídeos que poñe o Deportivo, (roldas de prensa, base, feminino, promocionais, etc…). Aí podes ver este da rolda de prensa de Eneko Bóveda.
Informarche se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrcer un mobil.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es