ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓBEDA : “AS VALORACIÓNS DEFINITIVAS NON HAI QUE FACELAS A ESTAS ALTURAS”

 

Eneko Bóveda foi o primeiro en sair a rolda de prensa trala chagada do novo adestrador Luis César Sampedro. O bilbaino é dos “Top 5” a hora de decir algo cando fala e valorou a chegada do adestrador coma un “plus” para os xogadores de cara a moral, pero tamén dixo que traballaron ca mesma ilusión ca o derradeiro encontro de Anquela.

É da idea do novo adestrador de que falta moito e que : “A pena é que o mal inicio custoulle o traballo a xente que tiña toda a ilusión do mundo”. Cando chegou o Depor viveu a primeira destitución dun adestrador da sua carreira : “Non me tocaba ningunha destitución ata que cheguei aquí e á segunda semana foise Cristóbal despois de Anoeta. Foi un dos peores partidos da miña carreira e tiven un sentimento de culpa enorme. Foi moi duro. Logo vas vendo que son cousas do fútbol. Sempre se di que son o elo débil, pero todos os que traballamos no fútbol vivimos cunha gran penalización aos erros”.

Tamén lle mandou de paso un cable indiretamente a Luis Ruiz, o falar sobre a destitución do adestrador : “Sáeche un mal partido en Huesca e xa quedas marcado e se marcas un gol xa eres un fenómeno”.

Sobre o primeiro adestramento con Luis César e o que lles amosou dixo que : “Normalmente o ideal é que primeiro entendamos o libreto curto, daquela o medio e logo, se queremos ser un equipazo, sigamos o libreto completo. As nosas urxencias son máximas e estamos a traballar a “A” e o que chegue da “B”.

No vídeo podes oir a rolda de prensa completa, así coma na parte baixa da nosa web en “Vídeos Recomendados” onde podes ver e oir tódolos vídeos que colga o RC Deportivo, tanto do equipo, coma do resto do equipo, promocións, etc. As veces antes de que vos falemos deles.

-Vídeo : Canal de YouTube do RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies