ROLDA DE PRENSA DE EDU SOUSA E OUTRAS NOVAS DEPORTIVISTAS.

 

O meta Edu Sousa falou en rolda de prensa, e amosou a sua humildade e traballo, a espera desta oportunidade que ten por mor da lesión de Ian Mackay.

Dixo estar preparado para afrontar a titularidade, se así o decide Óscar Cano, pois para él o de estar preparado ten que ser sempre : “Nunca fun capaz de preparar un exame o último día. Cando o fixen, sempre saía mal. Esa experiencia que tiven no colexio e a universidade ensinoume que hai que prepararse día a día. Cando chegue o exame, estar listo e preparado para polo menos facer todo o posible para chegar con garantías. Traballar porque é o noso traballo. E non o entendo doutra forma. Non entendo o adestrar mellor un ou dous días antes do partido. É cuestión de cultura deste deporte”.

O de Tuy, amosou a sua ledicia por voltar o depor, e falou de que nunca pensou que voltaría, e que está encantado ata cando adestra en Riazor : “Non vou mentir. Eu o primeiro, pero ninguén, contaba con que puidese regresar e estar aquí. Déronme a oportunidade, recrutáronme para axudar no que sexa e estou encantado. Pero non só esta semana. Cada vez que adestramos en Riazor, mesmo sen xente nas bancadas. Aí tamén sentes cousas diferentes. É un gran escenario e desde pequeno vivino. É marabilloso”.

Todo o que dixo, abrindo o vídeo

 

Narro, retirouse na copa cunha escordadura de nocello.

 

Varios lesionados traballaron con normalidade

No adestramento dista mañán puido verse traballar con normalidade co grupo a Isi Gómez, (que ainda non ten alta médica), Svensson, Rubén Díez e Víctor Narro, este último, xa deixaba onte nas redes sociais a frase de : “Gañas de Riazor”. Toda unha boa nova, xa que a pasada semana, tralo encontro de Copa, había ata 7 xogadores lesionados, ou con molestias.

Os que son baixa fixa son, Mackay, Villares e Borja Granero, e seria dúbida, polo menos para este Domingo 20 de novembro ás 19:00 horas, (18:00 GMT), en Riazor, e para os de lonxe, pola TVG-2 e InSports.tv, ante o Cultural Leonesa, Pablo Martínez.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia