“O Mago de Samarugo”, Diego Villares, pasou por rolda de prensa e falou da actualidade do equipo, das máscaras de Lucas e Quiles, do estado do equipo, do proximo encontro, e do seu estado de forma, e do seu papel como lateral dereito : “Cando falta Antoñito, toca axudar un pouco aí. Pero está Trilli ou Pepe que tamén pode xogar. Ao que lle toque, tentar facelo o mellor posible para axudar. (A pregunta se está resignado de xogar aí), “Resignado non, é esa a palabra. Se me toca xogar, eu encantado. Non é a miña posición, pero onde poida axudar, moi contento. Pódese entender o mosqueo da afección, porque non é a miña posición e a xente terá ganas de ver a Trilli”.
Tamén apuntou sobre se teñen que ir ao Play-Off ao que dixo que : “Se non se dá, (o do ascenso direto), iremos ao Play-off con toda a ilusión do mundo. É unha forma igual de válida que ascender direto. Tes que xogar eses partidos extra, que son máis como finais. Pero ao final se ascendes, a todos válenos, sexa dunha forma ou outra”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”