ROLDA DE PRENSA DE DIEGO VILLARES : “Oxalá podamos equivocar, ao presidente e dar a sorpresa”.

 

O vilabés Diego Villares pasou por rolda de prensa para falar do vindeiro encontro ante o Pontevedra CF, un equipo no que ambos conxuntos se xogan moito e que Villares di que : “estamos todos moi concienciados de gañar este encontro e desexando que chegue o Domingo”.

O rapáz ainda ten esperanzas de dar a sorpresa, ainda que o ve moi complicado : “Sí que está difícil o ascenso. Por clasificación está complicado, pero oxalá podamos equivocar, por así dicilo, ao presidente e dar a sorpresa”.

Sobre as verbas do presidente Couceiro de onte que decía que, “a continuidade do proxecto está garatizado”, Diego dixo que : “Algo sempre tranquilizan esas palabras, pero o obxectivo é o mesmo. Ninguén cambia o obxectivo nin a imaxe destes tres partidos que quedan ata o final da primeira fase”.

Unha vez máis a prensa coruñesa ninguñeou o noso idioma, e deta volta nunha rolda de prensa cun rapéz galego parlante. Asco dan día tras día ca sua falla de repsteto a tódolos ocios, accionistas e afeccionados que temos o idioma do noso país como fala.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies