ROLDA DE PRENSA DE DIEGO VILLARES : “HAI QUE TRATAR DE GAÑAR OS ENCONTROS QUE QUEDAN PARA CHEGAR DA MELLOR MANEIRA O PLAY-OFF”.

 

Diego Villares pasou por rolda de prensa e todo un pracer comezar a mesma con duas preguntas en galego e as suas contestación co galego con tintes vilalbeses.

Afirmou o ben que se atopa ao voltar a xogar no medio do campo, e do disgusto de non xogar esta semana, e que “hai que tratar de gañar tódolos encontros que quedan para chegar con mellor ton físico e mental o Play-off”.

Tampouco quixo saber nada das celebracións do Racing, que foron ainsultantes para eles e para o noso clube, sen estes haber dito nunca nada sobre eles.

Sobre a sua renovación dixo que : “non é o intre, non estamos no mellor momento da tempada co que hai en xogo para tratar eso”, e que “sempre chegamos a moi bo porto e o clube nunca me presionou”. O xogador xa renovou de maneira automática por número de encontros xogados, por unha tempada máis.

Cre que o equipo, “ten que dar un pouco máis fora da casa”, sobre o rendemento do equipo de cara o que queda.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia