ROLDA DE PRENSA DE DIEGO VILLARES : “ESTA FASE É CURTÍSIMA POLO QUE NO NOS PODEMOS RELAXAR PORQUE CALQUER TROPEZO CHE PODE COMPLICAR”.

 

O vilalbés Diego Villares pasou por rolda de prensa e falou sobre o campo sintético do Langreo, próximo rival do Depor o vindeiro Domingo dende ás 17:00 horas, (15:00 GMT), e dixo que él está máis acostumado a esa superficie ao haber xogado máis veces na 3ª División, que hai máis campos de céspede plástico.

Todo un pracer escoitar ao xove de Vilalba falando en galego na rolda de prensa e ver que é a sua língua de cuna. Unha e mil veces queremos amosar o noso malestar, e a nosa repulsa a tanto castelanismo nas roldas de prensa con xogadores ou técnicos que falan o galego, tendo en conta que os socios deportivistas somos maioría galego-parlantes e debería haber paridade, recibindo o mesmo trato cos castelán-parlantes por parte da prensa coruñesista, e tendo en conta que somos o equipo de Galicia, para os de aquí e os da diáspora.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies