ROLDA DE PRENSA DE DIEGO VILLARES DESPOIS DE RECIBIR O TROFEO AO “MELLOR XOGADOR DO MES DE NADAL”.

 

Diego Villares recibiu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o recoñecemento como Xogador Estrella Galicia do mes de decembro no RC Deportivo.

O centrocampista vilalbés xa conseguira o galardón no primeiro mes da temporada, o de setembro, por diante de Mario Soriano e Trilli. No último premio de 2022 impúxose a Alberto Quiles (26,9%) e Rubén Díez (18,3%), acumulando o 54,8% dos 2.502 votos emitidos polos seguidores do Dépor.

Uns Deportivistas que valoraron a actuación do futbolista lucense nos partidos contra Córdoba, Badajoz, Racing e Ceuta, no que ademais dos seus labores habituais contribuíu con goles á puntuación lograda polo equipo.

Após as dúas consecutivas que levou Alberto Quiles en outubro e novembro, Diego Villares volve facerse por segunda vez coa distinción, polo que entre ambos repártense o catro premios Xogador Estrella Galicia no que vai de temporada.

“Un orgullo recoller este tipo de premios que entrega a xente e que reflicten que o teu traballo se ve recompensado”, recoñeceu Diego Villares após recibir o trofeo.

-Foto, Texto e Vídeo : RC Deportivo