ROLDA DE PRENSA DE DIEGO VILLARES : “AINDA TEMOS MOITO MARXE DE MELLORA”.

 

Diego Villares, “O Mago de Chamouco”, pasou por rolda de prensa e analizou o derradeiro encontro, afirmando que, “a tódlos equipos lles vai a costar fora da casa”. o vilalbés tamén dixo que : “Sempre hai marxe de mellora, máis na xornada duas. As transicións foi un factor que nos complicou o outro día, buscábannos con xente descolgada. Debemos estar atentos ás vixilancias. Aínda que é normal. Creando tanto xogo ofensivo, é normal que nalgunha che pillen. En Mérida estivemos desacertados e eses balóns que perdiamos en tres cuartos dábanlle facilidade para correr. Hai que finalizar as xogadas”.

Villares ve no Pontevedra, próximo rival do Depor, (Riazor, Domingo ás 19:00 horas, 17:00 GMT) : “un equipo que mantén a base do ano pasado,  un equipo que o fixo ben o ano pasado”. Fíxanse sobre todo : “que xoga ao fútbol moi ben, e que non nos van a poñer as cousas nada doadas”.

Sobre a sua lesión dixo que : “xa estou ben, o vendaxe foi máis para nada para sentirme eu seguro, pero vai durar pouco”.

Tamén comentou que “temos moita marxe de mellora”, con respecto aos tramos de mal xogo do equipo.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia