ROLDA DE PRENSA DE DIEGO VILLARES : “A miña renovación vai chegar a bo porto, esperemos que canto antes mellor. Non temos presa xa que a miña cabeza está no Dépor, e espero seguir moitos anos”.

 

O vilalbés do Depor, Diego Villares, pasou por rolda de prensa para falar un pouco da actualidade do equipo, e no “erre que erre” da prensa coruñesa, foi preguntado sobre a volta de Trilli, un rapáz que amosou moi boas maneiras, pero ao que lle están a cargar o San Benito, do “Redentor”, nunha plantilla na que é un neno, con moito que aprender, ao carón de profesionais do oficio.

Villares, foi cauto e pideu cautela sobre a volta do lateral canteirán deportivista : “Sería bo que volvese, pero tampouco hai que meterlle tanta présa. É primordial que se recupere ben. Estivemos unhas semanas xa sen el e non hai que apuralo”.

Non veu fendas no vestiario a pesares de sufrir a primeira derrota do campionato : “O vestiario segue estando unido…Aínda que puidese parecer que iamos gañar todo e que sería un paseo de reis, sabiamos que a derrota ía chegar. Tomámosnolo como outro momento calquera e sabendo que o venres podemos dar un golpe na mesa para seguir sumando”, e achacou un pouco as causas da derrota a que : “Igual estivemos algo falto de ideas na segunda parte, aínda que tamén na primeira o seu primeiro gol afectounos. Tivemos claridade para sacar o balón desde atrás, pero nos últimos metros faltounos ideas para dar ese último pase e xerar ocasións claras…Imos atoparnos bastantes partidos como este, sobre todo fóra de casa. Equipos que a nivel defensivo van querer cortar. En casa é outra cousa, coa nosa xente”.

Dixo ter unha posición preferida, pero moi ledo con que Borja Jiménez confíe nél para varios postos : “A confianza que me transmitiu Borja desde o primeiro momento é importante. Hai posicións nas que che sentes máis cómodo, como é o centro do campo, pero ver a confianza que che dá o adestrador de que podes xogar en calquera posición é gratificante”.

Quedou abraiado co apoio do deportivismo en Salamanca, pero quer máis : “A xente que se desprazou a Salamanca foi espectacular. Temos ganas de volver a Riazor e oxalá se poida alcanzar o cento por cento do aforo permitido”.

Ten claro que o falar de renovación, onde quer estar : “Sigo mantendo o que dixen ata o de agora. A miña renovación vai chegar a bo porto, esperemos que canto antes mellor. Non temos presa xa que a miña cabeza está no Dépor, e espero seguir moitos anos”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia