ROLDA DE PRENSA DE DIEGO ROLAN NA ENTREGA DO “XOGADOR ESTRELLA DO MES DE NADAL”.

 

Diego Rolan recibeu o trofeo de “Xogador Estrella do mes de Nadal” e no transcurso do mesmo atendeu as preguntas dos xornalistas. O charrúa que como vos informábamos esta mañá, adestrou co grupo, dixo que non pensa en irse no mercado invernal : “A miña idea é estar aquí. Xogar os partidos e tratar de facelo o mellor posible. Na miña cabeza non está a opción de saír…Como dixen anteriormente, eu estou a pensar no Dépor, no partido do domingo, que vai ser moi importante para nós. Despois, o que é o mercado xa se irá vendo, pero non teño a cabeza niso”.

Amosouse contento ca proposta de Rubén de la Barrera : “Houbo un cambio de adestrador e o míster que chegou fíxoo con boas ideas de xogo. Está a darlle intensidade e dinámica ao equipo, que é algo que creo que lle estaba faltando ao Dépor. A medida que vaiamos traballando con el e nos vaia inculcando as ideas que ten pode ser moi interesante para os xogadores…Gústame moito a súa proposta. Baséase nos espazos que poden deixar os xogadores, en tratar de aproveitalos. A súa idea de xogo é moi dinámica e moi intensa e creo que é o que nos faltaba”.

Preme no vídeo para escoitar todo o que dixo. 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia