ROLDA DE PRENSA DE DIEGO AGUIRRE : “Todos os partidos leves 10 vitorias ou as que levaes, hai que saír a gañalos e todos son importantes”.

 

Diego Aguirre falou en rolda de prensa sobre o empate da semana pasada, sobre o encontro do vindeiro Domingo, (17:00 horas/15:00 GMT), ante o Real Unión de Irún no “Stadium Gal”.

Algunhas das suas frase :

“Ensinounos os fallos que cometemos e en que podemos mellorar. Pero tamén nos dixo que estivésemos tranquilos que estamos a facer as cousas ben. Temos que corrixir eses fallos para mellorar de fronte ao partido seguinte”, referíndose ao que lles dixo Borja Jiménez.

“Para todo xogador, non estar de titular leva mal. Pero é unha competición sanda a que teño con Héctor. Eu sigo traballando día a día e espero contar para Borja canto antes e, se non pode ser, achegar desde o banco o meu granito de area”.

“Eu traballo onde o míster me poña. Se teño minutos arriba teño que dar o cento por cento. Eu atópome máis cómodo atrás, pero son un profesional. Se teño que xogar de extremo, xogarei», incide”.

“Todos pesamos que isto ía ser moi bonito, por como empezamos, pero no fútbol de hoxe calquera equipo pódeche pintar a cara. Hai que ser conscientes de que isto é Segunda B e que co escudo non imos gañar. Se non estamos ao máximo nivel non imos gañar”.

“Bache non temos. Contra o Unionistas xogamos no campo do líder, que ademais é doutra superficie, herba artificial, e competimos moi ben. E o outro día xogamos ben durante setenta minutos e non soubemos metela. É moi pronto para falar de fochanca”.

“Enfrontámonos a un histórico que é forte na sua casa e iremos a tratar de sacarlles o balón, a xogar o noso fútbol e tratar de voltar a senda das vitorias”.

“Todos os partidos leves 10 vitorias ou as que leves, hai que saír a gañalos e todos son importantes. A nosa única meta é levarnos os tres puntos”.

 

-Foto e Vídeo : rcdeportivo.es

-Texto : piratasdemuxia