ROLDA DE PRENSA DE DIEGO AGUIRRE : “NON TEÑO A SORTE DE XOGAR DOUS ENCONTROS SEGUIDOS”.

 

Diego Aguirre pasou por rolda de prensa e non foi coma outros que tiraron de tópicos cada vez que se lles preguntaba polo Racing de Santander, e o de quedar primeiros. A lóxica dí, xa fai tempo, que se o equipo cántabro non sube, ou subía, de primeiros é para darlle ata no carnet de identidade.

“O obxectivo é ir a por os tres puntos cada fin de semana. Xa non pensamos tanto no Racing de Santander, porque é case imposible alcanzalo. O que queremos é conseguir gañar e ter boas sensacións. Neste sentido, levabamos moito tempo buscando un partido como o que acabamos de xogar contra o Dux”, dixo Aguirre.

A pesares de xogar de lateral dereito, (sendo esquerdo), ten moi boas sensacións, pero xa ten gañas de xogar dous encontros seguidos : “As miñas sensacións son boas. Eu estou encantado de lateral dereito, pero o importante é que gañe o equipo e seguir con esta dinámica, necesitábamos esta vitoria”…”Ao final este ano estou a ter esa mala sorte de non poder xogar dous partidos seguidos. Pero quedo coas sensacións. Viña de lesión e sorprendeume ser titular, pero estou contento cos minutos que tiven”.

Tamén falou antre outras cousas de Antoñito, que está adestrando co equipo e podería ocupar a praza da “maldita” posición de lateral dereito, dos que tíñamos a principio de tempada a Alberto Benito, Valín, Trilli e Víctor García, e dende fai semanas a ningún. Os primeiros fororn cedidos, por exceso de xogadores do mesmo sitio, e os outros dous, (Trilli e Víctor), lesionados.

“Coñézoo. Enfronteime a el varias veces e pódenos achegar moito. Nós cos laterais buscamos profundidade e é o perfil que necesita este equipo. Un lateral con percorrido, traballador e que nos pode axudar…Un alivio?…Un pouco, pero agora mesmo as sensacións son boas e se o próximo partido teño que xogar dereito, eu encantado”, dixo Aguirre, que avala a fichaxe de Antoñito.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies