Fernando Soriano presentou a Davo en rolda de prensa. O xogador asturiano de luarca falou de como se xestou a sua fichaxe : “No momento no que o Dépor púxose en contacto comigo non dubidei. O KAS Eupen pagou un traspaso por min, pero ao final fixémoslle ver ao club que quería vir e facilitounos todo. Estou superilusionado e con moitas ganas. Agora toca traballar e a dalo todo”.
Sobre a sua maneira de xogar dixo que : “Gústame calquera, pero se teño que elixir, sería á beira doutro punta. Atópome moi cómodo así. Con mobilidade, indo ao espazo… nas bandas, mellor a esquerda para ir cara ao gol sendo destro. En dereita tamén me desenvolvo ben, pero se podo elixir, con outro punta sería ideal”.
Típica e tópica rolda de prensa de inicio, con pouco que dicir e con gañas de que todo comece.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”