Rolda de prensa de David Simón

David Simón un fixo pola banda dereita no Depor.

-DAVID SIMÓN : “Queremos gañar, en casa non se poden deixar escapar eses puntos”

David Simón, pasou por rolda de prensa e falou do encontro deste Domingo, (20:00 horas-19:GMT), ante o UD Las Palmas, que para él é un encontro “especial, marcado cunha liña vermella no calendario”, polos anos que levou alí, na que foi a sua casa de sempre e que deixou este ano xunto con Vicente Gómez para recalar no Depor. David Simón falou, antre outras cousas, dos derradeiros empates e da necesidade de acadar esta semana os 3 puntos : Nestes últimos partidos, en moitos tramos do partido merecemos algo máis porque tivemos máis ocasións que o rival. Queremos gañar, en casa non se poden deixar escapar eses puntos. Pero sen ansiedade, con tranquilidade, confiando en nós. Agora hai que mellorar o que fixemos as últimas semanas en casa”...Abre a nova ao completo para ver as verbas de David Simón.

Noutro órde de cousas o encontro ante o Oviedo será o 31 de Marzal ás 18:00 horas no “Carlos Tartiere”. O Depor pideu que se xogase o sábado para beneficio da afección que se vai a desprazar en masa, pero mandaron as televisións e foi escollido para ser “El Partidazo” de Movistar TV. A Federación de peñas Deportivistas xa quenta motores ca prereserva de entradas para os peñistas, que se levará a cabo a vindeira semana.

 

ROLDA DE PRENSA DE : DAVID SIMÓN

(Por : rcdeportivo.com)

David Simón recoñeceu esta mañá que o partido deste domingo 10 de marzo en ABANCA-RIAZOR ante a UD Las Palmas (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), “o equipo no que estivo moitos anos, é especial, bonito. Oxalá podamos sacar 3 puntos, pero é verdade que está marcado no calendario con esa liña vermella”.

O lateral deportivista indicou que a temporada do conxunto canario “está a ser irregular pero é un gran equipo, un gran cadro. Agora mesmo non hai que fiarse de ninguén”.

Confesa que lle sorprende “un pouquiño que estea un pouco descolgado, un equipo histórico como moitos que hai e cun cadro para estar arriba. Nesta Segunda División pode pasar de todo”.

A pesar dos empates do Dépor en ABANCA-RIAZOR, David Simón destaca que “aínda non perdemos. Nestes últimos partidos, en moitos tramos do partido merecemos algo máis porque tivemos máis ocasións que o rival. Queremos gañar, en casa non se poden deixar escapar eses puntos. Pero sen ansiedade, con tranquilidade, confiando en nós. Agora hai que mellorar o que fixemos as últimas semanas en casa”.

O defensor branquiazul réstalle importancia á clasificación: “Ganas esta semana, a seguinte tes o Reus e xa está todo pegado outra vez. Sabemos cal é o obxectivo pero non hai que xerarnos máis ansiedade do que se ve aí. Os últimos 10 partidos poden ser bastante duros para todos e hai que estar máis unidos que nunca”.

O domingo, ante un rival que “quererá aproveitar a súa última oportunidade para estar arriba”, vaticina un partido “complicado, como con todos os equipos. Como está a ser todo isto, moi competitivo, moi duro. Nós estar centrados en nós. Estar xuntos, estar tranquilos. Toda a temporada levamos nos postos bos e hai que confiar ao cento por cento”.

Repite unha e outra vez que ben no campo ou no banco, “como se conseguen as cousas é estando unidos, e apoiando sempre desde fóra ou desde dentro. Son un xogador de equipo e sempre o vin así”.

Fai autocrítica e, por exemplo, o pasado luns ante a AD Alcorcón en ABANCA-RIAZOR, “moitos dos que xogamos non tivemos o noso día”. Iso si, pide “quedar coas cousas positivas. A semana anterior contra o Málaga fixen un partido moi serio, moi ben. Seguir. Eu non me rendo. Agora con máxima tranquilidade e traballo para seguir crecendo”, conclúe.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-