Dani Giménez manifestou aos medios de comunicación, após recoller o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do Dépor no mes de marzo, que José Luis Martí recalca nestes primeiros días en “o que levamos incidindo nas últimas semanas. O máis importante é que temos que ser un equipo gañador. Hai que facer 3 ou 4 cousas ben, pero hai que gañar. A iso ímonos a dedicar. A adestrar hoxe pero para gañar a fin de semana. É o que nos vai a sacar desta posición e vainos a achegar ao noso obxectivo”.
O meta deportivista apunta que “quedan 9 partidos. Temos que gañar os 9, empezando polo de Pamplona”.
Pide un dos capitáns branquiazuis “centrarnos no día a día, nesas 4 ou 5 cousas que deixamos de facer, facelas ao estilo do míster. Non ter medo, facer as cousas de maneira valente. O Dépor ten que saír a todos os campos a conseguir os 3 puntos”.
Sen dubidalo Dani Giménez cre que hai tempo para ascender de maneira directa: “Son 27 puntos en xogo. O mesmo que nós estivemos irregulares nestes 2 meses últimos, os equipos de arriba pódelles pasar o mesmo”.
Nesta liña, recalca que “agora é complicado gañar. A tensión nas pernas nótase. Nós temos unha oportunidade moi boa. A xente está de novo enganchada. Temos un partido moi bonito. A min encántame xogar alí, nun campo no que pasan cousas diferentes”, concluíu en referencia ao partido no Sadar ante CA Osasuna deste sábado 13 de abril (18:00 horas, Movistar Partidazo).
Lembra respecto dos bos números do equipo vermello no seu estadio que “as estatísticas están para rompelas. E nós fóra de ABANCA-RIAZOR estamos mellor. Agora imos sumar esas 4 ou 5 cousas que non estabamos a facer con esa ilusión, con esa fortaleza que estabamos a mostrar fóra de casa. Non nos vale especular. Temos que saír en Pamplona a gañar. E estes 3 puntos van ser o inicio de algo bonito, de porqué ¿non dunha remontada que a xente lembre?”
Reflexionando sobre o sucedido nesta última semana, co cesamento de Natxo González, está convencido Dani que a esta situación “chégase por unha mala xestión emocional do xogador. Cando ti queres e non podes, algo estiveches facendo mal nos últimos meses. Para chegar a esa situación de impotencia tes que recompilar cousas negativas que non che deixan mostrarte a ti como es como futbolista. Ao final facer un cambio radical é o único que che pode achegar algo positivo”.
Nesta liña, subliña que coa chegada dun adestrador novo “cambian radicalmente os adestramentos, cambia radicalmente a mentalidade non só dos que non xogan, que é algo lóxico e obvio, senón tamén dos que están a xogar. Gustaríame que non pasase isto. Pero é pasado e hai que centrarse no partido de Pamplona”.
Finalmente, o porteiro branquiazul non está de acordo nos que falan do ‘peso’ do escudo, máis ben é “ao revés, como algo que che motive a gañar todos os partidos. Ao final todos queren xogar nos mellores equipos e demostrar que está aí por algo. Se non estás preparado para xogar nun equipo grande de Segunda División, debes prepararte xa día a día. Máis que presión, tes que notar o empuxe do escudo, o empuxe da historia e o empuxe da xente. Fálase moito da asistencia pero hai poucos campos que meten a xente que vai a ABANCA-RIAZOR”.
++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es–
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.