ROLDA DE PRENSA DE DANI GIMÉNEZ : “NUNCA VIVÍN UNHA RESURECCIÓN COMA ESTA”.

 

Dani Giménez pasou porrolda de prensa mandou unha mensaxe de tranquilidade aos afeccionados, decindo que ía a mellor e que cré que o Domingo ainda estará mellor e que é unha dor soportable a que sufre, que é unha pubalxia que non lle afecta a dexeración do pubis : “Foise complicando cara a aductores, o abdome… é pubalxia, pero está todo ben. Son os síntomas da pubalxia, pero non é o cadro que degenera a pube. É descompensación, un tema do tendón e de aí para arriba..Estou na fase aguda que é fastidiada pero a sorte que temos os porteiros é que podemos xestionar os esforzos e imos tirando. Cando fas un golpeo é en frío e sufrimos un pouquiño máis. Creemos que en duas tres semanas a dor cesará e recuperarase todo na zona “.

Xa sacou él de porta no anterior encontro, con dor, pero que en “duas semanas ou tres xa entrarei a adestrar co equipo, pero polo menos un mes terei que seguir con este adestramento específico”.

O adestrador galego dixo que “nunca houbo mal ambente no vestiario e agora que empezan a sair as cousas, no día a día, somos máis felices e iso contáxiase”.

Dixo que nunca viveu o deste ano do Depor : “Estiven en momentos malos con grandes equipos, pero nunca con esta resurrección, se se lle pode chamar así. É unha montaña rusa de sensacións, de resultados. As sensacións dos xogadores cambiaron por completo”.

Laiouse da lesión de Somma, que para é despois de tanto sufrimento agora estaba “recuperando un gran nivel, rápido, forte, e que : “é un gran xogador para a categoría e estábase convertendo nesa referencia para dous mozos como Mujaid e Montero. É un pau a lesión do que tiña que ser o xefe da defensa”.

A rolda de prensa completa no vídeo.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies