ROLDA DE PRENSA DE DANI GIMÉNEZ NA QUE LLE QUITA FERRO AS “BOBERÍAS” DE CHRÍSTIAN SANTOS : “NON HAI NADA TÓXICO NO VESTIARIO”.

 

Dani Giménez pasouse por rolda de prensa e como non podía ser doutra maneira sacoulle ferro as “boberías” que manifestou no día de onte Chrístian Santos, na que pedía minutos, indiretamente menospreciando aos que estaban xogando, e sen haber feito nada que dera motivos a merecerse ser da partida, cada vez que saeu, agás nas primeiras duas xornadas, (rolda de prensa de Chrístian Santos).

Dani Giménez pasouse grande parte do tempo da sua rolda de prensa que durou 14,28 minutos, vendo dende outro prisma diferente as verbas do venezolano e afirmou que  : “non hai nada tóxico no vestiario”, que falou con Santos : “diante de xente, porque hai que ter man esquerda cos que non xogan”.

Tes a rolda de prensa enteira no vídeo.

 

OUTRAS NOVAS

-HORARIO E DATA 15ª Xda : LaLiga fixo públicos os horarios da 19ª xornada de LaLiga SmartBank 2019-2020, na que o Deportivo recibirá ao Real Zaragoza no Estadio de Riazor. O equipo branquiazul medirase ao conxunto aragonés o domingo 8 de decembro ás 16:00 horas, televisado por #Vamos. O CD Lugo visita o día antes o Albacete a partires das 18:00 horas.

-PRESENTACIÓN DA LIGA GENUINE : A sede do Banco Santander en Madrid foi o escenario elixido para a presentación oficial da terceira temporada de LaLiga Genuine Santander, que contará con multitude de novidades. O Dépor, estivo representado por Pablo Barros, coordinador do equipo e Daniel Trasancos, xogador branquiazul.

A inauguración terá lugar en Tarragona (15, 16 e 17 de novembro) e a fase final celebrarase na cidade deportiva do Athletic Club (29, 30 e 31 de maio). Nestas dúas fases reuniranse os 36 equipos, mentres que na segunda e a terceira fase os equipos repartiranse en dúas sedes.

Os anfitrións da segunda fase serán o Sevilla FC (31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro) e o Real Betis Balompié (28 e 29 de febreiro e 1 de marzo). A UD Las Palmas acollerá a terceira fase (27, 28 e 29 de marzo), xunto co Sporting de Gijón (24,25 e 26 de abril).

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto e texto: Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.