ROLDA DE PRENSA DE DANI GIMÉNEZ : “ESTOU ABRAIADO DE COMO ENTENDE O FÚTBOL FERNANDO VÁZQUEZ”.

 

Dani Giménez pasou hoxe por rolda de prensa antes do adestramento que no día de hoxe tivo lugar no Estadio de Riazor, para logo pasar a terapia de recuperación na “Casa da auga” a carón da Torre de Maratón do Estadio de Riazor.

Adestraron a marxe, Chrtístian Santos, Jovanovis e Borja Valle, este último cunha lumbalxia.

O meta galego do Depor afondou na sua intervención ante os medios na figura de Fernando Vázquez, do que xa se esparaba cousas como o da reactivación da afección, a cal xa vía que o tiña, “coma un salvador”, e noutras facetas que xa él coñecía, pero quedou abraiado co “actualizado que está”, e sorprendeulle : “Como entende o fútbol. Dous ou tres detalles do rival e ves como fai traballar ao equipo, como fai crecer a intelixencia do xogador. Baséase en que sexamos intelixentes, que saibamos ler o xogo e que nos adaptemos ao que toca en cada situación. Iso faltábanos, non liamos ben o que ía pasando”.

“Sorprendeume para ben en moitas cousas. Pero sobre todo en algo que esperabamos, no que a afección o esperaba como salvador, esa aura que ten. Véndoo día a día, nos adestramentos, falando contigo, a mensaxe cálache. Ese cambio cálache un pouco máis porque ti ves que ten esa aura capaz de cambiar a mentalidade. Moitas veces falamos demasiado da cabeza e pode soar a escusa, pero outras veces é o que nos fai crer en nós mesmos e sacar o mellor fútbol. O vestiario parece outro en canto a moral”, dixo Dani Giménez.

Dixo sentirse “fastidiado” pola marcha de Carmelo del Pozo, da que se sinte parte, coma os compañeiros que trouxo él, que “non demos para o que fomos traidos e o fútbol son os resultados”, para saber se é acertada, segundo o meta deportivista : “Pasaron dous adestradores, agora está Fernando. Viñeron xogadores, pero o groso do persoal é o que estaba e cambiamos as prestacións. Haberá que ver por que non cambiaron as cousas antes”.

Sobre as novas incorporacións, incluido o adestrador Dani dí que : “Os que levábamos meses pasándoo mal agarrámonos a eles e insúflannos frescura. Iso reflíctese nos resultados”.

Npn quer mirar máis alá do proximo encontro ante o Alacete, (Domingo 26/01 ás 16:00 horas/15:00 GMT), e por conseguinte no obxetivo marcado polo adestrador : “Hai que pensar en cada domingo. Gañar os partidos que sexan necesarios. Quedan nove, como di o míster. Ese é o obxectivo. Todo o que sexa pensar, xa non no medio prazo, senón no que non sexa o partido que que non toca, será negativo”. Para o meta branquiazul, “non nos podemos relaxar. Obviamente a cousa non pinttan mal coma antes, pero se perder un par de encontros igual voltan as pantasmas”.

A rolda de prensa de Dani Giménez o completo no vídeo.

Abaixo de todo na portada da web tes os nosos Vídeos Recomendados onde quedan archivados tódolos vídeos que sube o RC Deportivo e incluso antes de falar nós deles.

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

–Foto e texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.