ROLDA DE PRENSA DE DANI GIMÉNEZ : “É TAN EVIDENTE QUE OS QUE TEMOS A CULPA SOMOS OS XOGADORES…”

 

Dani Giménez pasou por rolda de prensa e fíxoo durante 25 minutos. Dani a hora de falar é o xogador que máis aporta cousas cas suas verbas e arreda de tópicos, afrontando os problemas ou as virtudes sen tapuxos. 

Apunta os erros a desidia do equipo : “Estamos a ter erros individuais, como o meu o outro día, pero sobre todo erros tácticos. De base. Cousas que traballas toda a vida e non as estamos facendo ben. Nós mesmos estámonos facendo dano con tanto erro non forzado. Vénnos ben vernos, ter ese dedo que sinala que estamos a traballar unhas cousas e facendo outras. Por iso é difícil cambiar o sistema. Porque se estás a traballar ben un sistema e non dá resultado, podes cambiar. Pero se realmente traballas un sistema e non o fas como o tes que facer. Non estamos a conseguir plasmar o que quere Luís César ou o que quería Anquela”.

Para Dani o tema mental afecta, pero con conceptos : “O tema mental inflúe un pouco máis a nivel ofensivo. En dar amplitude ao xogo, que os compañeiros teñan espazo e frescura para moverse. Pero defensivamente é máis mentalidade, carácter, concentración. Se tes medo a fallar, vas fallar. O fallo é inherente ás persoas, ninguén é perfecto. Tes que asimilalo e tomarche cada xogada coma se fose a última. Temos desaxustes en moitísimos postos do campo, cando non somos uns, somos outros e ao final estás aí por algo”.

Ademáis de moitas cousas interesantes das que falou, lembrouse do malo que está a ser o VAR co Depor : “Se hai VAR por que non se pitan as cousas que ven? Son cousas que non entendo. A min péganme unha cotenada na cara o outro día. Logo nunha xogada máis frouxa, amarela. Penalizounos bastante este ano e son cousas que non deberían pasar. Para bobadas para 3 minutos e para outras cousas, nada. Non se entende”.

A rolda de prensa completa no vídeo.

 

-Foto : Canal YouTube do RC Deportivo

Foto : Xose Búa “Pirata”.

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.